"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
PERSOEIRO
Historiador e político ucraíno. Profesor da Universidade de Kiev, foi destituído en 1876 pola súa defensa do nacionalismo ucraíno. Estableceuse en Xénova (1876-1889), onde editou Gromada, primeira revista nacional ucraína, de tendencia socialista. En 1889 concedéronlle unha cátedra na Universidade de Sofia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nacionalista croata. Fundou a Sociedade de Lectura Ilírica, foco principal do movemento nacionalista. Publicou a obra Disertacija (Disertacións, 1832), na que defendía a unión dos pobos iliros fronte a Hungría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar checheno. Foi deportado moi novo a Kazakhstán coa súa familia. Capitán na Alta Escola Militar de Aviación, serviu como oficial do Exército do Aire ruso e posteriormente á fronte dunha división de bombardeiros aéreos en Estonia, onde acadou o grao de xeneral de división. En 1990 abandonou o exército soviético e fundou o partido Congreso Nacional do Pobo Checheno (CNPCh). Despois de gañar as eleccións de outubro de 1991, co 85% dos votos, o 1 de novembro proclamou a independencia da República dos Chechenos e dos Inguxos. Cando en novembro de 1994 as tropas rusas invadiron o país, converteuse en xefe da resistencia chechena e no obxectivo principal do exército ruso. Morreu víctima dun mísil ruso, lanzado trala súa localización física a través dunha chamada telefónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. A súa obra literaria afronta o burocratismo e critica o sistema do período stalinista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto ruso. Traballou na realización do plano do metro de Moscova, do que foi arquitecto oficial dende 1941.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario. Coñecido como o Xeneral foi seguidor de Louis Blanc e membro activo da Internacional. En 1870 foi nomeado oficial da Garda Nacional, e durante a Comuna de París foi membro da comisión executiva e da guerra, e comandou as forzas de ataque en Versailles. Morreu fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político soviético. Ingresou no partido socialdemócrata de Lituania (1895). Delegado no congreso de unificación do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (1906), ingresou no Comité Central como representante de Polonia e Lituania. Despois de tomar parte na Revolución de Outubro de 1917, encargouse da organización e dirección da Checa. En 1921 converteuse en comisario de Interior e en 1924 dirixiu o Consello Supremo de Economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario e estadista xeorxiano, coñecido como Stalin. Fillo dunha familia proletaria, ingresou no seminario de Tbilisi cunha bolsa en 1894, pero foi expulsado pola súa militancia socialista en 1899. Nese ano adheriuse ao Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso e dedicouse á actividade revolucionaria clandestina entre os obreiros do Cáucaso e os empregados do ferrocarril. Detido no 1902, foi deportado a Siberia, pero fuxiu no 1904. Coñeceu a Lenin na Conferencia de Tampere (1905) e uniuse ao grupo bolxevique. Tralo fracaso da revolución de 1905 instalouse en Bakú e enfrontouse aos menxeviques polo control político da cidade. Asistiu á Conferencia de Estocolmo (1906) e, seguindo as suxestións de Lenin, ingresou no Comité Central do Partido (1912). Adoptou o nome de Stalin (aceiro) e no 1913 fundou o diario do partido Pravda, que tamén dirixiu. Pouco antes de ser desterrado a Siberia (1913-1917) redactou en Viena O marxismo e a cuestión nacional. Liberado,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ucraíno. É autor de Duma pro Opanasa (Canción de Opanás, 1926), sobre a Guerra Civil de Ucraína, e da escolma de poemas Posledn’aja noc (A última noite,1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico de arte, director de compañía e empresario teatral ruso. Iniciou a súa carreira en San Petersburgo, onde frecuentaba os locais nos que se reunían artistas plásticos, creadores literarios, actores, bailaríns e músicos, sendo un dos fundadores da revista Mir Iskusstva (O mundo da arte, 1898-1904), ao tempo que comezou a organización de exposicións en San Petersburgo e París ou a distribución de espectáculos. Foi así como concibiu a idea de crear unha compañía estable de ballet, os Ballets Rusos, que propiciaron unha fonda renovación nas artes escénicas. D’agilev non era nin bailarín, nin músico, nin coreógrafo, nin pintor, nin persoa vinculada ao mundo teatral, mais foi quen de agrupar arredor do seu proxecto músicos, pintores, coreógrafos, bailaríns, actores, directores ou mecenas, como Coco Chanel, que converteron a súa compañía nun referente fundamental na historia contemporánea das artes escénicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director. Estudiou composición no Conservatorio de Madrid e posteriormente ampliou coñecementos en Berlín. Profesor no Conservatorio de Madrid, obtivo o Premio Nacional de Música en 1955.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ivan Antonovič Jefremov.
-
PERSOEIRO
Director de escena ruso. Discípulo de Konstantin Stanislavski, logo de formarse na escola do Teatro de Arte de Moscova, creou unha compañía con actores e actrices novos que pasado algún tempo adoptou o nome de Teatro Contemporáneo. Centrou o seu traballo na presentación de espectáculos creados sobre textos de autores como Vasilij Aksionov, Edward Albee ou John Osborne. En 1971 foi nomeado director do Teatro de Arte de Moscova, onde desenvolveu un programa de renovación desta compañía rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena ruso. Comezou a súa andaina no teatro infantil como responsable dunha compañía estatal de teatro para a infancia e a mocidade entre 1954 e 1963. Continuador das tendencias innovadoras de Vsevolod Meyerhold, os seus espectáculos destacan pola potenciación da dimensión física da interpretación, explorando a dimensión expresiva do xesto, do movemento ou do son, e pola revisión permanente das posibilidades de escenificación de autores clásicos e contemporáneos de relevancia. Esta escolla estética foi a causa dunha difícil relación cos responsables culturais da Unión Soviética que nos anos sesenta e setenta apostaban pola dimensión ideolóxica dos espectáculos fronte ás tentacións esteticistas. Entre as súas propostas máis innovadoras cómpre salientar As tres irmás (1967), sobre o texto homónimo de Čekhov; Romeo e Xulieta (1970), na que parte da obra de William Shakespeare; ou o Tartufo (1981) e o Misántropo (1986), segundo os textos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta romanés. Da súa produción destaca 13 Decembrie si alte poeme (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sergej Mikhajlovič Ejzenštejn.
-
PERSOEIRO
Director cinematográfico soviético. En 1923 realizou o seu primeiro filme, Stačtka (A folga), no que se inician as directrices básicas da súa obra, que desenvolveu, sobre todo, nas películas Bronenosets Potemkin (O acoirazado Potemkin, 1925) e Oktjabr’ (Outubro, 1927). Fixo unha viaxe por Europa, e foi tamén a Hollywood e México, onde realizou Que viva México! (1931). Na URSS continuou, posteriormente, o seu labor de teórico e realizou Aleksandr Nevskij (1938) e Ivan Groznij (Iván o Terrible, 1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. De estilo románico, construíuse na segunda metade do s XII. Ten unha soa nave e unha ábsida, as dúas de planta rectangular. Cóbrese cunha bóveda de canón. A fachada consta dun arco de medio punto peraltado con tres arquivoltas tóricas, ventá rectangular e espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e administrador. Enviado a América, foi gobernador e comandante xeral de Cumaná (1792-1804) e Xosé I Bonaparte nomeouno capitán xeneral de Venezuela (1809). A Junta Central Suprema confirmouno no cargo e trala proclamación de independencia venezolana (1810), expulsárono do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e ocultista. Coñecido co pseudónimo de Doctor Papus, doutourose en Medicina na Universidade de París (1894). Dirixiu o laboratorio de hipnoterapia do Hospital da Caridade na capital francesa. Realizou unha viaxe á India, onde estudiou os enigmas das forzas astrais e, logo de viaxar por diversos países, dedicouse ao cultivo das ciencias ocultas. Gracias aos seus coñecementos e á fama internacional que conseguiu viaxou en dúas ocasións a San Petersburgo (1900 e 1905) para atender os tsares, onde prognosticou que a revolución os derrocaría anos despois. Participou como médico na Primeira Guerra Mundial ata que caeu enfermo e morreu. Entre as máis de cincuenta obras que escribiu, cómpre salientar: Hypothéses (Hipóteses, 1884), l’Ocultisme contemporain (O ocultismo contemporáneo, 1887), Essai de physiologie synthetique (Ensaio de fisioloxía sintética, 1890) e Cabbale (Cábala, 1903).
VER O DETALLE DO TERMO