Efros, Anatoli Vasilievič
Director de escena ruso. Comezou a súa andaina no teatro infantil como responsable dunha compañía estatal de teatro para a infancia e a mocidade entre 1954 e 1963. Continuador das tendencias innovadoras de Vsevolod Meyerhold, os seus espectáculos destacan pola potenciación da dimensión física da interpretación, explorando a dimensión expresiva do xesto, do movemento ou do son, e pola revisión permanente das posibilidades de escenificación de autores clásicos e contemporáneos de relevancia. Esta escolla estética foi a causa dunha difícil relación cos responsables culturais da Unión Soviética que nos anos sesenta e setenta apostaban pola dimensión ideolóxica dos espectáculos fronte ás tentacións esteticistas. Entre as súas propostas máis innovadoras cómpre salientar As tres irmás (1967), sobre o texto homónimo de Čekhov; Romeo e Xulieta (1970), na que parte da obra de William Shakespeare; ou o Tartufo (1981) e o Misántropo (1986), segundo os textos de Molière. Entre os seus escritos, cómpre salientar o volume titulado De profesión, director de escena, publicado en 1979.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso