"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • Nome dado polo árabes á rexión oriental do N de África, que se corresponde coa actual Tunisia. Foi conquistada polos musulmáns en 670 e en 711 partiu dela a expedición de Tāriq ibn Ziyād que conquistou a Península Ibérica (711).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ciclista. Debutou como ciclista profesional en 1984, despois de proclamarse campión de España amateur o ano anterior. Foi o primeiro ciclista en gañar o Tour de France en cinco edicións consecutivas (1991, 1992, 1993, 1994 e 1995). En 1992 e 1993 venceu tamén na clasificación xeral do Giro de Italia. Nos campionatos mundiais de fondo en estrada conseguiu dúas medallas de prata (1993 e 1995) e unha de bronce (1991). Ademais, na especialidade de carreira contrarreloxo, proclamouse campión mundial en 1995 e olímpico en Atlanta 1996. Tamén gañou o Criterium Internacional (1989), a Dauphiné-Liberè (1995 e 1996), a Clásica de San Sebastián (1990), a Volta a Catalunya (1988, 1991 e 1992) e a París-Nice (1989 e 1990), entre outras. En 1994 conseguiu establecer a plusmarca mundial da hora ao percorrer nese tempo 53,04 km. En 1995 proclamouse campión da Volta á Comunidade Galega. Retirouse da competición en 1996. Das condecoracións e galardóns que recibiu destacan o Premio Príncipe de Asturias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor xaponés. Foi autor de Miji no tsuki (A lúa de Meiji, 1935), Ruten (Metempsicose, 1936), Togyu (Corrida de touros, 1949), Ryoju (A cacería, 1949), Kuroi schio (Marea negra, 1950), Kuroi cho (A bolboreta negra, 1955) e Hyoheki (A muralla de xeo, 1956-1957). Posteriormente cultivou a novela histórica, en Furinkazan (Vento e bosque, lume e montaña, 1953-1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político srilankés. Membro do Partido Nacional Unificado, foi primeiro ministro (1977), instaurou un réxime presidencialista e ocupou a presidencia da República (1978-1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārāstra, India, ao O de Bombai, formando parte da aglomeración urbana de Ulhāsnagar (1.014.557 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romanés. Participou en Cluj nunha revista para nenos. Na súa obra enlaza formas tradicionais con elementos modernos, como en Harmat a csillagon (Rosada sobre a estrela, 1964), Kikapcsolódás (Relaxación, 1966), Függöleges lovak (Cabalos verticais, 1968) e Szürkület (Crepúsculo, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Aichi, na illa de Honshū, Xapón, situada ao SL de Nagoya (122.203 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista xaponés. Adquiriu notoriedade coa narración Izu no odoriko (O bailarín de Izu, 1925). Posteriormente, destacaron Yugikuni (País de neve, 1937) e Sembarazu (Mil cigoñas, 1949). Nas obras posteriores a 1945 xa non hai pegadas da súa inclinación inicial cara ao neoimpresionismo. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Myanmar (11.733 km2; 228.000 h [estim 1994]). A súa capital é Loi-Kaw. A base da súa economía é a explotación de minas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación de pesca, semellante a unha canoa, empregada polos esquimós. O seu casco está formado por unha lixeira armazón de madeira, forrada con pel de foca, que deixa unha abertura circular na cuberta. Esta abertura axústase ao tronco do tripulante e permítelle sentar sobre o plan e desprazarse por medio dun canal dunha soa pa.

      1. Embarcación inspirada na anterior na que un, dous ou catro tripulantes sentados usan remos de dúas pas. Emprégase en competicións deportivas.

      2. Proba deportiva de velocidade con esta embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África oriental situado ao NL dos Grandes Lagos Africanos, entre Etiopia e Sudán ao N, Somalia ao NL, o Océano Índico ao SL, Tanzania ao S e Uganda ao O (582.646 km2; 29.904.000 h [estim 2001]). A súa capital é Nairobi.
    Xeografía física
    O país está dividido en varias rexións: a primeira correspóndese coa chaira costeira, de pouca altitude; a rexión depresionaria do Rift Valley; unha meseta no centro-   -norte, onde está o deserto de Chalbi, e outra meseta ao O. A ambos os dous lados da fosa tectónica álzanse os cumios volcánicos dos montes de Kenya (5.199 m altitude) e os de Elgon (4.321 m altitude). As diferencias climáticas son considerables debido ás diferencias do relevo. A maior parte das rexións situadas ao N do Ecuador teñen un clima cálido e seco, mentres que na metade S diferéncianse tres zonas: a costeira, cálida e húmida, a das terras altas, con clima temperado, e a rexión do lago Victoria, con clima tropical. O río de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira volcánica de Kenya, ao L do lago Victoria. Ten dous cumios; o Batian (5.199 m alt) e o Nelion (5.188 m alt).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Kenya ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Kenya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político kenyano. Estudiou en Londres (1931-1946) e en Escocia adoptou o nome de Johnstone Kamau Ngengi. Foi dirixente dos kikuius e ao regresar ao seu país, fundou a Kenya African National Union (1946). Acusado de dirixir a insurrección do movemento independentista Mau-Mau, foi encarcerado polas autoridades británicas (1953-1961). Trala independencia de Kenya foi elixido primeiro ministro (1963) e presidente da República (1964-1978). Escribiu Facing Mount Kenya (1938) e Suffering without Bitterness (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, filósofo e matemático. Estudiou astronomía, reformou o calendario musulmán e cultivou o dereito e as ciencias naturais. A súa obra poética máis coñecida é Rubaiyyat, que constitúe unha loanza ao brinde en forma de pregaria, con referencias á celebración do viño e ao goce do instante fronte á brevidade da vida (carpe diem).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo árabe. Foi un dos primeiros comentaristas de Aristóteles. Coñeceu a ciencia grega, persa e india, e esforzouse ao longo da súa obra por lle dar unha estrutura filosófica ao Islam tradicional. Recibiu a influencia do neoplatonismo, do neopitagorismo e de Xoán Filipón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bombai 1865 - Londres 1936) Escritor inglés. Educouse en Reino Unido e en 1882 regresou á India, o seu país natal, onde adquiriu moita sona como xornalista e escritor de contos, como Plain Tales of the Hills (1887). Novamente en Inglaterra (1889), escribiu novelas como The Light that Failed (1891) e os poemas de Barrack-room Ballads (1892). As súas obras máis reeditadas son as que recrean ambientes da India, como The Jungle Bood (1894) ou Kim (1901). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1907.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Hokkaidō 1916) Realizador cinematográfico xaponés. Especializado en efectos violentos, combinou o realismo máis descarnado cun certo aire poético. En 1963 foi premiado en Cannes por Harakiri. Da súa filmografía tamén destaca Ninguen no joken (A condición humana, 1959-1961), de tres episodios, Kwaidan (1964), de catro episodios, Nipon no seishun (Un xaponés acabado, 1968) e Tokyo Saiban (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Minsk 1881 - Tel-Aviv 1960) Escritor bielorruso. Profesor no instituto de estudios xudeus de Varsovia (1927-1934), emigrou a Israel. Foi membro da Academia da Lingua Hebrea, traduciu a Goethe e é autor de dramas en verso e poesía, como Širim (1903) e Ben ha-Harabot (1930). Recibiu o Premio Bialik.

    VER O DETALLE DO TERMO