Kipling, Rudyard

Kipling, Rudyard

(Bombai 1865 - Londres 1936) Escritor inglés. Educouse en Reino Unido e en 1882 regresou á India, o seu país natal, onde adquiriu moita sona como xornalista e escritor de contos, como Plain Tales of the Hills (1887). Novamente en Inglaterra (1889), escribiu novelas como The Light that Failed (1891) e os poemas de Barrack-room Ballads (1892). As súas obras máis reeditadas son as que recrean ambientes da India, como The Jungle Bood (1894) ou Kim (1901). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1907.

Palabras veciñas

kiowa | kip* | kipchak | Kipling, Rudyard | Kipp, xerador de | Kipphardt, Heinar | Kircher, Athanasius