"cc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 617.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña a partir do 14 de xullo de 1853. Subtitulada “Periódico de intereses materiales y morales, de literatura y teatros”, editábase os xoves e os domingos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento antimonárquico que tivo lugar o 15 de decembro de 1930 no aeródromo de Cuatro Vientos, preto de Madrid, protagonizado por Queipo de Llano, Ramón Franco e outros oficiais do exército.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de pirólise de ésteres que se leva a cabo a temperaturas moi elevadas (400-500°C) e que conduce ao ácido correspondente e a unha olefina. Transcorre con bos rendementos e experiméntana os ésteres de ácidos fortes a temperaturas moi inferiores ás mencionadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de transposición, descuberta por T. Curtius en 1894, coa que se obtén a formación de isocianatos e dos seus derivados por descomposición de acidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de diagnose inmunolóxica que consiste en pór en contacto un antíxeno sobre a pel, con ou sen escarificación previa da derme.
-
CAPITAIS
Capital de Bangladesh e da división administrativa homónima, na marxe esquerda do río Jamuna (3.839.000 h [1991]). No s XVII converteuse nun gran centro artesanal e no s XVIII acadou o máximo esplendor ao facerse famosa polos bordados en ouro, sedas e muselinas. No s XIX, sen embargo, a fabricación destes produtos non puido competir coa crecente produción industrial. Co tempo estableceuse unha industria téxtil, química e alimentaria a grande escala. É o centro comercial máis importante do interior, sobre todo polo xute. Ademais, na agricultura destacan os cultivos de té. Foi capital da Bengala Oriental entre 1610 e 1704, e a partir de 1947 capital de Paquistán Oriental. Do seu patrimonio cultural destacan o templo Dakeshwari, o palacio Bara Katra (1644) e as numerosas mesquitas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
División de Bangladesh (31.119 km2; 33.939.848 h [1991]). A capital é Dacca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación comercial dun sistema de orientación hiperbólico ideado en Gran Bretaña, constituído por catro emisoras de radiofrecuencia en onda continua dispostas en forma de estrela. A central recibe o nome de principal, e as outras tres, auxiliares; cada unha delas radia nunha frecuencia distinta, mentres que a principal radia todas as frecuencias ao mesmo tempo, sincronizadas coas emisoras auxiliares. Nun punto, a diferenza entre as fases de sinais recibidas definen a diferenza de distancias entre o receptor e a emisora principal, e entre o receptor e a emisora auxiliar considerada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano da India que se estende por case toda a área peninsular, que historicamente deu nome a todas as terras ao S de Narmada. É un altiplano inclinado de O a L, de beiras abruptas: os Ghats orientais e occidentais. O seu interior está sucado por aliñacións de outeiros e atravesado polos ríos que nacen no golfo de Bengala. A poboación está composta por unha multitude de etnias diferentes, aínda que predominan as dravídicas. Alternan as grandes extensións de estepas usadas para pastos cos campos de algodón e cereais. No NL, o arroz constitúe o cultivo principal e nas montañas aparecen gradualmente as plantacións de té, café e caucho. A explotación dos bosques baséase nas apreciadas madeiras de teca e sándalo. Entre os ss XVII e XIX foi sede da Confederación Mahratta e do estado do nizam de Hyderabad. Independizouse do Imperio Mongol (1724) e foi sometido polos británicos en 1768.
-
-
Operación que consiste en extraer os principios activos dun vexetal, animal ou fungo por medio da acción continuada de auga cunha temperatura próxima á ebulición.
-
Produto obtido mediante esta operación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abandono por parte dunha persoa dunha causa á que está ligada, dun partido ou asociación ao que pertence, ou dun compromiso adquirido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obtención de aminas primarias, mediante a reacción entre haluros de alquilo con hexametilentetraminas e a posterior hidrólise dos sales cuaternarios que se forman.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resposta inflamatoria alérxica que se localiza na pel por contacto ou por introdución dunha substancia á que o organismo é sensible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condición de desafecto.
-
-
Perder o afecto ou a afección por unha persoa ou cousa.
-
Perder o afecto ou a afección por unha persoa ou cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de descontraer.
-
-
Conxunto de accións dirixidas a eliminar, destruír ou inactivar os xermes nocivos ou os microorganismos patóxenos que un obxecto ou un ser vivo poden conter ou que o poden acompañar. Os procedementos habituais de desinfección son o lavado cunha disolución acuosa de desinfectante, a pulverización ou a impregnación das superficies a tratar e a fumigación con gases en lugares pechados. A desinfección de obxectos inanimados é un problema diferente da desinfección de tecidos vivos. No primeiro caso, hai que destruír todos os xermes (esterilización) xa que, se permanecen vivas algunhas bacterias, se reproducen rapidamente. No segundo caso, os tecidos vivos dispoñen de mecanismos de defensa contra a invasión bacteriana, e a finalidade dos desinfectantes usados (antiséptico) é a de axudar á xa mencionada defensa; moitas veces é suficiente a inhibición do crecemento dos xermes.
-
Práctica de cultivo que se emprega na horticultura intensiva, consistente na aplicación de fumigantes ou vapor de auga para destruír ou polo menos reducir a poboación de parasitos e patóxenos do solo que se puidesen desenvolver como consecuencia dun cultivo precedente, a uns niveis economicamente aceptables.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de protección.
-
-
Acción de detectar.
-
Desmodulación que se realiza mediante un detector.
-
Descubrimento da presenza dunha unidade naval, terrestre ou aérea, realizada a través de medios de observación como o sonar, que utiliza os dispositivos de ondas acústicas ou ultrasonoras, e o radar, que utiliza as ondas electromagnéticas ou a través da captación dos sons emitidos polo obxecto detectado. Os sensores, elementos de detección automática, desenvolvéronse de forma importante.
-
Rexistro de información relativa á superficie da Terra por técnicas que non requiren un contacto real co obxecto ou área a estudiar. Lévano a cabo xeralmente avións ou satélites. Estas técnicas inclúen a fotografía, imaxes infravermellas, radar e imaxes multiespectrais. Emprégase, sobre todo, en cartografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de detraer.