detección

detección

(

  1. s f

    Acción de detectar.

    Ex: É importante para o seu tratamento a rápida detección do cancro.

  2. s f [TECNOL]

    Desmodulación que se realiza mediante un detector.

  3. s f [BÉL]

    Descubrimento da presenza dunha unidade naval, terrestre ou aérea, realizada a través de medios de observación como o sonar, que utiliza os dispositivos de ondas acústicas ou ultrasonoras, e o radar, que utiliza as ondas electromagnéticas ou a través da captación dos sons emitidos polo obxecto detectado. Os sensores, elementos de detección automática, desenvolvéronse de forma importante.

  4. detección a distancia [XEOG]

    Rexistro de información relativa á superficie da Terra por técnicas que non requiren un contacto real co obxecto ou área a estudiar. Lévano a cabo xeralmente avións ou satélites. Estas técnicas inclúen a fotografía, imaxes infravermellas, radar e imaxes multiespectrais. Emprégase, sobre todo, en cartografía.