"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • Parque de atraccións baseado nas personaxes creadas por Walt Disney e situado en Anaheim, California. Á súa inauguración, o 17 de xullo de 1955, acudiron máis de 33.000 persoas. Conta con trens, cadoiros, palacios, figuras animadas, zonas recreativas e espectáculos teatrais e musicais. No centenario do nacemento do seu creador, programáronse diversas actividades co título de “100 Anos de Maxia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque de atraccións baseado nas personaxes creadas por Walt Disney e establecido en Marné-la-Vallée, a 32 km de París, desde o 12 de abril de 1992. Forma parte dos proxectos de expansión da empresa Disney polo mundo. Conta con máis de 12.000 empregados repartidos entre as diversas atraccións e os hoteis. Ademais, está situado nun importante nó de comunicacións de autoestradas, unido a París mediante o tren de alta velocidade e a medio camiño dos aeroportos de Orly e Roissy-Charles-de-Gaulle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque de atraccións baseado nas personaxes creadas por Walt Disney, situado en Orlando (Florida) desde outubro de 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición de + o demostrativo neutro iso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de disociable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode disociar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de disociar ou disociarse.

      1. Reacción pola que un composto químico se transforma en dúas ou máis substancias máis simples, elementais ou non, como por exemplo, a reacción do cloruro de amonio que dá cloruro de hidróxeno e amoníaco, ou a de ioduro de hidróxeno que dá hidróxeno e iodo.

      2. calor de disociación

        Enerxía que se absorbe cando un mol dunha substancia dada se disocia nos seus elementos constituíntes.

      3. disociación iónica

        Reacción de equilibrio entre unha substancia en solución e os seus ións. Segundo Arrhenius (1887), as propiedades das solucións dos electrólitos explícanse aceptando que se dá unha fracción de electrólito disociada en ións en equilibrio coa forma molecular non disociada. Así, defínese unha constante de disociación determinada a partir do grao de disociación (fracción disociada), que depende da concentración e que se pode avaliar experimentalmente. A teoría de Arrhenius unicamente é válida para solucións moi diluídas de electrólitos débiles e, ademais, ignora o papel do disolvente que participa tanto no efecto enerxético que acompaña a disolución dos ións, como no efecto dialéctrico que inflúe sobre as forzas electrostáticas entre os ións. En 1923 Debye e Hückel enunciaron a súa teoría da disociación completa dos electrólitos fortes, segundo a que se admite que estes se dan só en solución en forma iónica e que as forzas interiónicas, ignoradas por Arrhenius, fan diminuír a velocidade entre...

      4. disociación térmica

        Reacción de ruptura dos enlaces dunha molécula e liberación dos átomos constituíntes conseguida con temperaturas elevadas, cando a enerxía de axitación térmica dos gases chega a superar as enerxías de enlace.

      5. presión de disociación

        Presión do gas en equilibrio co sólido a unha temperatura determinada, cando o sólido se disocia dando lugar a un ou máis produtos gasosos.

    2. Ruptura da unidade psíquica da personalidade, perceptible mediante a observación de movementos ou expresións contrarias ao contexto intelectual ou emocional que os rodea.

    3. Procedemento que consiste nunha sucesión de conceptos ou de elementos incompatibles desde o punto de vista semántico ou lóxico nun mesmo período gramaticalmente correcto. Foi habitual na literatura surrealista, nas imaxes de tipo onírico.

    4. Aumento da cantidade de albumina no líquido cefalorraquídeo, cunha cifra normal ou moi pouco aumentada do número de células.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar algo daquilo ao que estaba unido ou asociado.

    2. Someter a disociación.

    3. Producirse unha disociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á disociación.

    2. Que disocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino soluble en auga e insoluble en etanol. Emprégase no tratamento de augas e na industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de disolver ou disolverse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de disoluble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode disolver.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de disolver ou disolverse.

      1. Proceso polo que unha substancia, o soluto, se dispersa noutra substancia, o disolvente, e orixina un sistema homoxéneo en canto á súa composición molecular. Ten lugar, ben por reacción química co disolvente de xeito que se forma unha nova substancia, ben por reacción química co disolvente en que se forma un solvatado, ou ben por dispersión simple. O primeiro caso dáse cando o disolvente interacciona co soluto rompendo algúns enlaces e formando novas substancias, como na disolución dos metais en ácidos, formando sales. O segundo caso implica tamén reacción, a de solvatación denominada, nas solucións acuosas, hidratación, que dá solvatados constituídos por moléculas ou ións dos solutos rodeados dun certo número de moléculas de disolvente. O terceiro caso preséntase cando non hai interaccións químicas entre soluto e disolvente, senón que o proceso se explica pola tendencia dos sistemas físicos cara aos estados de máxima desorde ou máxima entropía.

      2. calor de disolución

        Enerxía que se libera cando un mol dunha substancia se disolve totalmente nun determinado volume de disolvente.

    2. solución.

      1. Acto xurídico que abre o proceso de liquidación dunha sociedade, que non coincide co momento de extinción da sociedade, e que se produce trala distribución do haber social e a cancelación das contas.

      2. disolución matrimonial

        Ruptura, por calquera das causas legais, do vínculo matrimonial validamente celebrado.

    3. Relaxación moral ou dos costumes.

    4. Procedemento, efectuado baixo a forma de decreto, mediante o que o poder executivo acurta o período de mandato lexislativo do Parlamento e fixa a data de novas eleccións. A Constitución española prevé dous tipos de disolucións, a automática e a discrecional. A disolución automática das cámaras pódese producir ao transcorrer catro anos da formación das cámaras, cando o Congreso de los Diputados non outorgara a investidura a ningún candidato á presidencia do Goberno no prazo de dous meses trala celebración das eleccións e cando se acepte polas cámaras unha proposta de revisión total da Constitución ou parcial nos preceptos que a propia constitución define. A disolución discrecional das cámaras é unha potestade do presidente do Goberno, con deliberación do Consello de Ministros. Non procede disolver as cámaras no suposto de que estea en trámite unha moción de censura e no termo dun ano dende a anterior disolución. O Congreso de los Diputados, ademais, non se pode disolver durante a vixencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen está entregado aos costumes relaxados e licenciosos e aos vicios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode disolver.

    2. Compoñente dunha solución (xeralmente o que ten a preponderancia cuantitativa) en que se dispersa o soluto. As propiedades do disolvente que determinan o seu poder de disolver os sólidos iónicos son a constante dieléctrica (de que dependen inversamente as atraccións entre os ións e o soluto) e o momento dipolar (que determina a magnitude da enerxía de solvatación). Neste aspecto, a auga é un disolvente óptimo que, ademais, ten a propiedade de unirse a algúns solutos, iónicos ou non, por puntos de hidróxeno. Os disolventes clasifícanse en protónicos e non protónicos ou inertes. Os primeiros poden ser protoxénicos (doadores de protóns) e protofílicos (aceptores de protóns); hai tamén moitos disolventes anfipróticos (que poden doar e aceptar protóns, como a auga). Os disolventes empréganse industrialmente en todos os procesos en que disolven, extraen ou fraccionan distintos compoñentes. Aplícanse na elaboración de pinturas, fibras sintéticas, plásticos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efectuar unha disolución.

    2. Desfacer algo separando os seus membros ou compoñentes.

    3. Producirse unha disolución.

    4. Separarse os membros ou compoñentes dun coxunto ou unha colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Combinación de sons disonantes ou discordantes.

      2. Calidade dalgúns intervalos ou acordes que producen un efecto de insatisfacción auditiva. Na harmonía tradicional tiña que ir seguida da súa resolución. Eran disonantes os intervalos que non formaban parte dos acordes perfectos ou das súas inversións, os intervalos de segunda, de sétima e todos os aumentados ou diminuídos. Na música moderna, a disonancia adquiriu valor por ela mesma.

    1. Efecto de disharmonía que provocan certos elementos no esquema rítmico dunha composición. Por extensión, alude a todo formante que non concorda co sentido xeral dun poema. Na narratoloxía aplícase ao distanciamento do narrador con respecto á interioridade dos seus personaxes, fronte á consonancia que indica a coincidencia nos sentimentos de ambos. Emprégase tamén para rexistrar o uso irónico da linguaxe que se deriva do desaxuste entre a intrascendencia do contido dun discurso e a elevación da súa expresión ou ao revés.

    2. Falta de acordo ou de harmonía que teñen algunhas cousas entre si.

    3. Estado de tensión producido nun individuo cando dous elementos cognitivos son incompatibles entre eles. O individuo afánase en reducir este estado pouco cómodo, aínda que teña que unir cognicións compatibles ou cambiar unha das cognicións disonantes. Esta teoría foi exposta por primeira vez no ano 1957 por Leon Festinger.

    VER O DETALLE DO TERMO