disociación

disociación

(< lat dissociatiōne)

  1. s f

    Acción e efecto de disociar ou disociarse.

    1. s f

      Reacción pola que un composto químico se transforma en dúas ou máis substancias máis simples, elementais ou non, como por exemplo, a reacción do cloruro de amonio que dá cloruro de hidróxeno e amoníaco, ou a de ioduro de hidróxeno que dá hidróxeno e iodo.

    2. calor de disociación [FÍS]

      Enerxía que se absorbe cando un mol dunha substancia dada se disocia nos seus elementos constituíntes.

    3. disociación iónica

      Reacción de equilibrio entre unha substancia en solución e os seus ións. Segundo Arrhenius (1887), as propiedades das solucións dos electrólitos explícanse aceptando que se dá unha fracción de electrólito disociada en ións en equilibrio coa forma molecular non disociada. Así, defínese unha constante de disociación determinada a partir do grao de disociación (fracción disociada), que depende da concentración e que se pode avaliar experimentalmente. A teoría de Arrhenius unicamente é válida para solucións moi diluídas de electrólitos débiles e, ademais, ignora o papel do disolvente que participa tanto no efecto enerxético que acompaña a disolución dos ións, como no efecto dialéctrico que inflúe sobre as forzas electrostáticas entre os ións. En 1923 Debye e Hückel enunciaron a súa teoría da disociación completa dos electrólitos fortes, segundo a que se admite que estes se dan só en solución en forma iónica e que as forzas interiónicas, ignoradas por Arrhenius, fan diminuír a velocidade entre os ións. Estas forzas son máis intensas cando os ións están máis próximos, ou sexa, en solucións máis concentradas. Nos electrólitos débiles hai que distinguir, en primeiro lugar, unha reacción reversible incompleta de ionización, seguida despois pola disociación total dos ións formados. En concentracións moi elevadas e especialmente en solucións de baixa constante dieléctrica, onde as forzas interiónicas son máis intensas, acéptase, con Bjerrum e Fuoss, a formación de paralelos iónicos neutros en equilibrio cos ións libres.

    4. disociación térmica

      Reacción de ruptura dos enlaces dunha molécula e liberación dos átomos constituíntes conseguida con temperaturas elevadas, cando a enerxía de axitación térmica dos gases chega a superar as enerxías de enlace.

    5. presión de disociación [QUÍM]

      Presión do gas en equilibrio co sólido a unha temperatura determinada, cando o sólido se disocia dando lugar a un ou máis produtos gasosos.

  2. s f [PSIC]

    Ruptura da unidade psíquica da personalidade, perceptible mediante a observación de movementos ou expresións contrarias ao contexto intelectual ou emocional que os rodea.

  3. s f [LIT]

    Procedemento que consiste nunha sucesión de conceptos ou de elementos incompatibles desde o punto de vista semántico ou lóxico nun mesmo período gramaticalmente correcto. Foi habitual na literatura surrealista, nas imaxes de tipo onírico.

  4. disociación albuminocitolóxica [PAT]

    Aumento da cantidade de albumina no líquido cefalorraquídeo, cunha cifra normal ou moi pouco aumentada do número de células.

  5. curva de disociación do osíxeno-hemoglobina [FISIOL]

    Curva que representa a saturación da hemoglobina co osíxeno, indicando o aumento da cantidade de hemoglobina unida ao osíxeno cando a presión do osíxeno aumenta.