"lus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • Xénero de aves da familia dos rálidos ao que pertence o rascón de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das ranunculáceas, perennes ou anuais, terrestres ou acuáticas, de follas divididas ou enteiras, de flores amarelas, brancas ou rosadas, ordinariamente solitarias, e de froitos en plurinúcula. Destacan R. asiaticus, de flores grosas diversamente coloradas, o R. bulbosus e o R. repens, de flores amarelas e o R. tricophyllus, de flores brancas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección caracterizada pola aparición nos peitos dunha mastite crónica con formación de múltiples quistes. Denomínase tamén enfermidade cística da mama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e anarquista francés. Membro dunha familia de xeógrafos, foi profesor na Université de Bruxelles, onde viviu moitos anos de exilio a causa das súas ideas. Influíu notablemente sobre os anarquistas españois. É autor de Voyage à la Sierra Nevada (1861), Nouvelle géographie universelle (1875-1894) e L’homme et la Terre (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Foi un dos primeiros en introducir a anestesia local mediante a cocaína. Deu o seu nome a unha afección cística da glándula mamaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de recluír ou recluírse.

    2. Pena privativa de liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de recluír.

    2. Que ou quen está preso no cárcere.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos regúlidos, ao que pertencen as estreliñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e diplomático flamengo. Formouse no taller de T. Verhaecht e con A. van Noort. En Italia (1600) admirou a Tiziano, A. Mantegna, os Carracci, Miguel Anxo e Caravaggio. Logo de volver a Anveres (1609), foi nomeado pintor de cámara. O seu equipo de colaboradores estaba integrado por Frans Snyders e Peter de Vos para as naturezas mortas, Wildens e Van Uden para as paisaxes e Van Dyck para as composicións con figuras. Vinculado aos xesuítas, as súas obras son un claro expoñente das ideas da Contrarreforma tanto a nivel formal como ideolóxico. Traballou para a galería do palacio de Luxemburgo de París (1622-1625) con composicións da Vida de Maria de Medici. Conselleiro de Isabel Clara Uxía (1627-1630), estivo na corte de Madrid, onde coñeceu a Velázquez e realizou numerosas obras propias e outras copias de Tiziano. En Londres (1629-1630) negociou a paz entre España e Inglaterra e foi nomeado sir por Carlos I. Retirouse da vida política en 1630. Acadou a perfección compositiva...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos ciprínidos, ao que pertence a pardella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molécula de gran tamaño, formada por cadeas polisacáridas e peptídicas, que forma un envoltorio ríxido que envolve a célula das bacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa romana da saúde e da conservación. En época clásica asimilouse coa deusa grega Hixía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Coñecido como Seigneur de Bartas, foi un hugonote ao servizo de Enrique de Navarra. Escribiu La semaine (1578) e Seconde semaine (1585), poemas sobre a creación da humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do latín Sallustianus, patronímico de Sallustius, do latín sallustius ou salustius ‘saudable’, probablemente derivado de salus ‘saúde’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político romano. De familia acomodada, pero non nobre, estudou en Roma. César, amigo e protector seu, outorgoulle o cargo de cónsul en África (46 a C), pero cando este morreu, deixou a política activa e dedicouse ás letras. Coa súa fortuna construíu no Quirinal unha casa chea de obras de arte e rodeada de xardíns (Horti Sallustiani). Escribiu dúas monografías, Bellum Catilinae (A conxuración de Catilina) e Bellum Iugurthinum (A guerra de Xugurta), ambas as dúas de estilo sobrio e elegante, que se converteron en modelos dos historiadores futuros. Foi autor tamén de Historiae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das primuláceas, con flores pentámeras, talos ergueitos, follas basais e flores brancas co froito disposto en cápsula. En Galicia está presente a especie S. valerandi, planta herbácea perenne, de 5 a 60 cm de altura, con follas alternas, espatuladas e enteiras, flores de cor branca, pequenas, dispostas en panícula e froito en cápsula. Medra en lugares húmidos, regatos e muros por onde discorre auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adriaan van den Spiegel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da orde dos boletais, co sombreiro irregular e cutícula visguenta. Moitas especies forman micorrizas coas coníferas. En Galicia pódese atopar durante o outono e parte do inverno en piñeirais, especialmente do litoral, a especie S. bellini.

    VER O DETALLE DO TERMO