"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de transformación da materia orgánica e complexos húmicos coloidais (ácidos fúlvicos, ácidos húmicos ou humina).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de humillar ou humillarse.
-
ENTRADA LARGA
Reacción de síntese de haluros orgánicos por descarboxilación de sales de prata de ácidos carboxílicos, en presenza de halóxenos:
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación das ideas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de idealizar
-
-
Acción de identificar ou identificarse.
-
Dedución do modelo matemático dun sistema a partir das medidas da resposta a uns sinais determinados. Facilita a predición do comportamento do sistema como resposta á doutras entradas.
-
Proceso psíquico do incosciente que fai que un individuo, sentíndose emotivamente ligado a outro, siga afectado por unha situación que non viviu directamente.
-
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Participou no mundo literario madrileño da época, e colaborou en diferentes xornais e revistas. Da súa obra cómpre salientar Horas trágicas de la historia (1910), Los aventureros del gran mundo (1911), En los campos de batalla e La guerra de las naciones (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo e mártir de Antioquía. Coñecido como o Teóforo ‘portador de Cristo’, era discípulo de san Xoán Evanxelista. Perseguido durante o goberno de Adriano, foi conducido a Roma cara ao 107 onde foi lanzado aos leóns no Coliseo. Na iconografía viste túnica e palio coma os apóstolos, ás veces co peito medio descuberto e leva como atributo o anagrama do nome de Xesús Cristo, outras veces un ou dous leóns, e tamén unha arpa ou outro instrumento musical. A súa festividade celébrase o 17 de outubro, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 1 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (842-858 e 867-877), fillo de Miguel II. Loitou contra a corrupción e foi desterrado (858), pero foi restaurado no cargo polo Emperador Basilio I de Bizancio. A súa festividade celébrase o 23 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fundador da Compañía de Xesús. De familia nobre, dedicouse á carreira militar. Ata 1517 residiu na Corte de Fernando II, daquela rexente de Castela, ao servizo do contable maior do rei, Velázquez de Cuéllar; logo serviu ao seu parente, o duque de Nájera, vicerrei de Navarra. Ferido durante o sitio de Pamplona polos franceses (1521), foi trasladado a Loiola, onde a lectura de libros espirituais durante a convalecencia levouno a ir en peregrinación a Terra Santa e a facer vida penitente. Primeiramente peregrinou ao santuario de Montserrat, onde velou as armas de cabaleiro espiritual; despois viviu en Manresa, onde realizou prácticas moi rigorosas de pobreza, oración e penitencia, e onde comezaría a escribir os Exercicios espirituais, síntese persoal das súas experiencias e das correntes espirituais dos ambientes en que estivera: franciscanismo cristocéntrico de Euskadi, Devotio Moderna de Montserrat e ecos vicentinos e lulianos difundidos por Catalunya. En 1523 peregrinou a Xerusalén...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do antigo xentilicio latino de orixe etrusca Egnatius, que no latín da época posclásica se transformou en Ignatius; posiblemente por unha etimoloxía popular que o relacionou co substantivo ignis ‘lume’. Ten os hipocorísticos Nacho/Nacha. Destacan con este nome os santos Ignacio de Antioquía (30?-107?), Ignacio de Constantinopla (799 - 877) e Ignacio de Loiola (1491-1556).
-
-
Acción de acender algo.
-
Estado dun corpo en combustión.
-
Temperatura mínima na que un líquido libera vapores que, en contacto cunha chama, prenden e continúa ardendo, sempre que a temperatura ambiente ou do aire sexa menor ca o punto de ignición do líquido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de igualar ou igualarse.
-
-
Acción de inferir unha cousa doutra.
-
-
Relación lóxica entre ideas que se deducen unhas das outras.
-
Conexión ou nexo entre as premisas e a conclusión.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de ilegalizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia política que propugna o illamento dun país respecto dos compromisos políticos internacionais. O termo isolationism, foi cuñado en EE UU e tiña por obxecto manter a nación lonxe dos conflitos nacionalistas das potencias europeas. A doutrina Monroe (1823) significou un novo paso na aplicación deste principio, observado estritamente despois da Guerra de Secesión (1861-1865) ata a Primeira Guerra Mundial. A internacionalización en todos os campos (político, económico, militar) fixo inviable esta práctica, que apenas se levou a cabo a causa de circunstancias excepcionais, e aínda así parcialmente, en países como Albania.
-
-
Relativo ou pertencente ao illacionismo.
-
Seguidor do illacionismo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acto que se realiza cando se usan as palabras cun determinado sentido e referencia.
-
-
Acción e efecto de iluminar ou iluminarse.
-
-
Acción de iluminar un local, un edificio ou unha rúa con luz artificial. A técnica que trata os aspectos teóricos e prácticos da iluminación en xeral denomínase luminotecnia. O nivel de iluminación necesario nun lugar depende da clase de traballo ou das características do ambiente. A iluminación producida por un foco de intensidade I nunha superficie puntual, situada a unha distancia r, e que forma un ángulo α respecto á dirección do fluxo, é E = (I/r2) cos α (lei do coseno). Segundo a proporción da luz que incide directamente sobre os obxectos, a iluminación é directa (do 90 ao 100%), semidirecta (do 60 ao 90%), difusa (do 40 ao 60%), semiindirecta (do 10 ao 40%) e indirecta (do 0 ao 10%). En 1807, despois dos intentos de F. A.Winsor en Alemaña, inaugurouse en Londres o primeiro sistema de iluminación con gas, segundo o sistema de Murdock (gas 3). Once anos despois París adoptou este sistema, que se estendeu por toda Europa, mentres que en EE UU foi máis corrente o uso do aceite....
-
Magnitude fotométrica igual ao cociente entre o fluxo luminoso que incide nunha superficie e o valor desta superficie. A iluminación é, entón, E = dI/ ds. A unidade de medida é o lux e, ás veces, emprégase o fot.
-
Arte e técnica de iluminar un espacio escénico. O teatro da Ópera de París (1822) utilizou por primeira vez a luz de gas. A incorporación da luz eléctrica (1846) creou un problema de sombras, que non foi resolto ata 1883, coa utilización, no teatro da Scala de Milán, das luces de arco voltaico e os reflectores.
-
-
-
Conxunto de luces que iluminan un lugar.
-
Cantidade de luz que hai nun lugar.
-
-
Teoría epistemolóxica de santo Agostiño que afirma que a alma só pode coñecer a verdade grazas a un acto de iluminación directa de Deus que lle permite intuír o intelixible.
-