"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Acción de calar os aparellos de pesca.
-
Cabo empregado para calar os aparellos de pesca.
-
-
-
Que constitúe ou orixina unha calamidade.
-
Persoa que é unha calamidade.
-
-
REXIÓNS
Rexión de Aragón, na provincia de Teruel. Caracterízase pola secura do seu clima e a grande erosión do solo. O seu centro rexional é a vila de Calanda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro astronómico hispano-alemán situado en Almería. Creouse despois dun acordo de colaboración científica asinado polos dous países o 17 de xullo de 1972. A dirección corresponde á Comisión Nacional de Astronomía e ao Max Planch Institut de Alemaña. O seu telescopio óptico mide 3,5 m de diámetro.
-
-
Cesto de forma tronconónica feito con vimbios ou canas que adopta a forma do capitel corintio.
-
Corpo do capitel corintio.
-
Toucado das cariátides que adopta a forma de cesto.
-
Peza de cerámica con forma de cesto.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, drenado polo río Jalón (2.692 h [1996]). A súa economía baséase no sector agropecuario, especialmente no cultivo de cereais e árbores froiteiras e na gandería porcina e ovina. Tiveron moita importancia as súas canteiras. Á beira da vila e no alto dun outeiro están as ruínas do castelo medieval de Calatorao.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona polipeptídica segregada polas células parafoliculares (células C) da glándula tiroide baixo a influencia da hipocalcemia. Inhibe a reabsorción dos ósos, de xeito antagónico ao da parathormona, e intervén no metabolismo fosfato-cálcico con efectos hipocaliémicos e hipofosfatémicos. Patoloxicamente, segrégaa en exceso o carcinoma medular da tiroide, do que resulta un marcador tumoral importante. Emprégase no tratamento de certas enfermidades óseas como a osteoporose e a enfermidade de Paget.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pelita calcaria caracterizada pola alternancia de pequenas capas pelíticas e calcarias, afectada por un metamorfismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cálculo.
-
PERSOEIRO
Compositor. Foi membro do coro de San Marcos de Venecia e alumno de Giovanni Legrenzi tamén en Venecia. Dirixiu na Llotja de Barcelona (1708), a estrea da súa ópera Il più bel nome. Posteriormente estreou outras óperas, como Zenobia, Imeneo e Scipion nella Spagna. Compuxo numerosas óperas: Dafne (1719), Don Quichotte (1727) e La Clemenza di Tito (1734). Tamén foi autor de numerosos oratorios e cantatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e mineraloxista, asinaba as súa obras como Laureano. Logo de estudar farmacia na Universidad de Madrid, o 28 de maio de 1874 foi nomeado catedrático de Farmacia Químico-Orgánica na facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi discípulo de Giner de los Ríos e un dos fundadores da Institución Libre de Enseñanza. En Santiago de Compostela, xunto con Augusto González Linares, constituíu a cerna do grupo krausista na universidade. En 1875 foi apartado da cátedra como consecuencia da defensa que realizou da evolución e da divulgación das teorías evolutivas na cidade de Santiago de Compostela. Ao negarse a cumprir o decreto do ministro Orovio e defender a liberdade de cátedra, foi encarcerado no castelo de Santo Antón da Coruña. Unha vez liberado emigrou a París e despois a Estrasburgo, onde seguiu os cursos dos químicos Berthelot, Claude Barnard Groth e Hope-Seyler. En 1881, coa derrogación da circular de Orovio, Laureano volveu a España e, no 1888, ocupou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador cinematográfico. Desenvolveu o seu labor profesional como cámara e editor da produtora Iris-Ferrol, e exerceu como profesor de imaxe en diversos obradoiros para rapaces. Entre as súas obras destacan: A Sociedade de Instrución e Recreo de Fene; Fenestra; Evocando a Celso Emilio; 25 de xullo, día da patria galega; A arte románica en Galicia e A arte barroca galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ourense, probablemente cara ao ano 1907. Denominada como “Semanario circunstancial, taurino”, o seu carácter foi principalmente cultural.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa, narradora e dramaturga. Colaborou na prensa galega, española e americana baixo o pseudónimo Esperanza. Publicou Horas de inspiración (1867), Cuadros sociales o pequeñas novelas (1878) e Crepusculares (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que constrúe, instala ou amaña aparatos de calefacción.
-
Aparello produtor de calor destinado á calefacción dun determinado lugar.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e organista italiano. De gran sona no seu tempo, foi autor de obras escénicas, cantatas, oratorios e pezas sacras de grande éxito. Na súa produción destaca a peza escénica Deucalione e Pirra (1781) e varios tratados de harmonía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Traballou como redactor do periódico coruñés El Ciudadano por la Constitución, editado entre os anos 1812-1815. Por mor das súas ideas e actividades liberais, entre elas a súa disputa coa Inquisición, tivo que emigrar en diversas ocasións. Estableceuse en Londres en 1823 onde creou unha imprenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dignidade de califa.
-
Reinado dun califa ou dunha dinastía califal.
-
Territorio gobernado polo califa.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos caliptoblastos.
-
Individuo da suborde dos caliptoblastos.
-
Suborde de cnidarios hidroideos que teñen como característica principal a presencia dunha hidroteca que protexe os pólipos. As medusas deste grupo son leptomedusas.
-
-
PERSOEIRO
Historiador grego. Sobriño de Aristóteles, acompañou como historiador a Alexandre o Grande na súa expedición a Asia. Implicado no Complot dos Magos caeu en desgraza e morreu en prisión. Non se conserva ningunha das obras que escribiu: Hellēniká, crónica da Guerra Sagrada (357-346) e Práxeis Aléxandrou, a historia de Alexandre con trazos novelescos que influiría nos séculos posteriores. Na Antigüidade foille falsamente atribuída unha vida novelada de Alexandre, que acadou gran difusión.
VER O DETALLE DO TERMO