Calatorao

Calatorao

Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, drenado polo río Jalón (2.692 h [1996]). A súa economía baséase no sector agropecuario, especialmente no cultivo de cereais e árbores froiteiras e na gandería porcina e ovina. Tiveron moita importancia as súas canteiras. Á beira da vila e no alto dun outeiro están as ruínas do castelo medieval de Calatorao.