"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Director de escena arxentino. En Caracas creou a compañía Rajatabla, e puxo en marcha o Festival Internacional de teatro. Como director traballou con textos de autores como W. Shakespeare, P. Calderón de la Barca, F. Lope de Vega, R. M. del Valle-Inclán, F. García Lorca, A. Čekhov ou S. Beckett. Entre os espectáculos máis coñecidos destacan Señor Presidente, versión da novela homónima de M. Á. Asturias, ou El coronel no tiene quien le escriba, sobre o texto de G. García Márquez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Creador gráfico, deseñador e impresor. Especializouse no deseño de carteis. En 1947 fundou Filgraf RGM, Institut d’Art Gráfic, e en 1954 a editorial PEN. Entre os alfabetos que creou destaca o Gaudí. Recibiu, entre outros galardóns, o International Graphic Design Excellence Award (1989), o Premio Nacional de Deseño (1990) e o Premio Nacional de Artes Plásticas (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto italiano. Traballou para Ippolito II d’Este e para o Papa Xulio III no Vaticano. De formación manierista, entre as súas obras destaca Adorazione dei Magi (1530).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado desde 1956, foi ministro de Finanzas (1962-1966) no goberno de De Gaulle, e de Economía e Finanzas (1969-1974) con Georges Pompidou, a quen sucedeu como presidente da República (1974). Desde o seu goberno traballou pola consolidación dun maior vínculo entre os países europeos e estableceu un programa de revitalización da economía. A crise económica mundial e o rexurdimento da esquerda levárono a perder as eleccións presidenciais de 1981. En 1988 foi designado presidente da Union pour la Démocratie Française, coalición de centro-dereita pola que foi elixido parlamentario europeo en 1989. O Consello Europeo nomeouno presidente da Convención Europea, encargado da reforma das institucións da UE, creada no 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra italiano. Discípulo de B. Molinari-Pradelli, foi un dos principais directores do Teatro alla Scala de Milán. Dirixiu a Orquestra Sinfónica da Rai en Milán, a Orquestra Sinfónica de Chicago, a Orquestra New Philarmonia de Londres, a Orquestra de Viena e a Orquestra Filharmónica de Los Angeles. Dende 1984 foi director independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Honrar algo ou a alguén dándolle gloria.

    2. Elevar á gloria celestial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo italiano. Exerceu como letrado, ata que en 1734 ingresou como dramaturgo na compañía de Giuseppe Imer, coa que estreou nese mesmo ano a súa comedia Belisario. Posteriormente colaborou con outras empresas teatrais, como o teatro de San Giovanni Grisistomo ou a compañía de Girolamo Medebach. Entre 1762 e 1763 traballou en París coa Comedia Italiana, cidade na que escribiu as súas Memorias (1787). A súa obra dramática está directamente relacionada coa commedia dell’arte, xénero dramático e teatral que recuperou e transformou, para chegar a un novo tipo de comedia de personaxes máis próxima á realidade social da época e máis achegada ao estilo que Molière desenvolvía en Francia. Ao mesmo tempo, tamén contribuíu ao desenvolvemento da opera buffa e da opera seria, para as que escribe máis de oitenta libretos. Das súas obras destacan textos como Arlecchino, servitore de due patroni (1745), La puta onorata (1749) ou La locandiera (1753), sobre a que o Centro Dramático Galego realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1969 publicou De rodillas, o seu primeiro poemario. Colaborou en distintas publicacións e recibiu varios premios poéticos e xornalísticos. Da súa produción destaca As labaradas da lembranza (1996), Matria da néboa (1997), Alba plena do alén (1997), Os ciclóns do sino (1997), Ofertorio de solpores (1999), Pasos cara á alba (2000) e Alén do lume (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico musical. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid, estudiou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde foi docente. Asesor musical da Universidad Hispanoamericana de La Rábida e profesor na UNED, foi redactor e xefe de programación, asesor musical e crítico da SER. Foi responsable da sección de música da revista Bellas Artes e, desde a súa fundación, crítico musical de El Mundo. Colaborou na Gran Enciclopedia Rialp, The New Grove Ditionary of Music and Musicians e no The New Grove Ditionary of Opera. Publicou Historia de la música española. Siglo XIX (1984) e Notas para conciertos imaginarios (1987). Membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de las Angustias de Granada, formou parte da xunta directiva da Sociedad Internacional de Música Contemporánea. Recibiu o Premio Ondas (1966 e 1969), a Medalla de Ouro ao Mérito ás Belas Artes (1966 e 1997),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e xornalista. En 1885 introduciu en La Habana a fotografía instantánea, feito que lle permitiu recoller imaxes da Guerra da Independencia da illa. Traballou como reporteiro gráfico en La Caricatura, La Lucha, El Fígaro e La Discusión (1888-1903). Redactou artigos para as revistas Cuba e América, amais doutras publicacións estranxeiras. Traballou na comisión que investigou o afundimento do Maine e moitas das súas imaxes apareceron nos libros de xeografía e historia de Carlos de la Torre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Cultivou a novela realista cunha gran perfección de estilo. En Oblomov (1847-1859) o protagonista representa a decadencia do terratenente, e en Obryr (O precipicio, 1869) xa aparecen as novas ideas do progresismo e nihilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora, artista gráfica e deseñadora. Muller do pintor M. Larinov, estableceuse en París en 1914. A súa obra caracterizouse polo colorismo cubista e a inspiración no folclore ruso. Combinou a arte popular cos trazos estilísticos fauves e cubistas. Xunto co seu esposo iniciou o raionismo. Fixo decoracións para os ballets de D’agilev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborou en diversas publicacións e publicou Campanas en la tarde (1922), Fernando Fader (1943), Libro de canciones de Rosalía de Castro (1954), El ángel harapiento (1937), Tiempo de amor perdido (1940), Sólo en el tiempo (1943), Canciones de la primera noche (1946) e as póstumas El río que no vuelve (1959), La estrellita de Troley (1968) e Cornamusa (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación e diplomouse en Comunidades Europeas na Escola Diplomática. Director de Ibisa Televisión SL, escribiu, entre outros guións, El bosque de piedra (1996), O sal da terra: unha historia do sindicalismo galego (1997) e Los secretos del camino (1999). Obtivo o Premio de Novela Blanco Amor (1990), coa novela Riosil, e o Premio Galicia de Comunicación (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida co pseudónimo de Carmen Monteferro, emigrou a Arxentina e colaborou en El Espectador de Ecuador, Lonxe da Terriña de Ponteareas e Valle Miñor. Publicou Al borde la sombra (1972) e Tránsito de Alas (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Dirixente do PSdeG-PSOE no concello de Vigo, foi concelleiro desde 1982 ata 2003. Alcalde da cidade (1991-1995), ocupou a presidencia do Consorcio Zona Franca de Vigo en 1991 e foi vicepresidente do Eixo Atlántico de Cidades en 1993. Foi elixido pola provincia de Pontevedra como deputado no Parlamento de Galicia na III lexislatura (1989-1991) e senador (1996). Como concelleiro de cultura (1995-2003), promoveu a creación do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e da Casa das Palabras (VERBUM).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid, estudiou xornalismo na Escuela de Periodismo de Madrid. Colaborou en diversas publicacións con artigos sobre crítica literaria e teatral, e sobre política internacional. Xefe da sección de Cultura e Ciencia da axencia EFE (1977-1979), exerceu tamén como delegado xeral en Galicia (1979-1983), como redactor xefe en EFE nacional en Madrid, como director de información (1990-1997) e desde 1997 como director de publicacións, análises e estilo. Das súas obras destacan Oxford, amén (1982), Homes de Tras da Corda (1982), Crime en Compostela (Premio Xerais de Novela 1984), O misterio do barco perdido (1988), Fuxidos de sona (1990), La agonía del león (1995, Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testemuñal en 1996), A guerra do tabaco (1996), O Doutor Livingstone, supoño (1998), Dous máis dous (1998), Al otro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Destacou principalmente como paisaxista, xénero no que amosou un gusto pola cor que o situou dentro dos modos fauvistas. Deformaba a cor, xunto co debuxo, ata uns extremos case expresionistas para obter unhas imaxes irreais. Como debuxante realizou obras de pequeno formato, cun gusto caracterizado polo decorativismo e o detalle preciosista. Recibiu a Mención Honorífica e Premio na Exposición Nacional de Bellas Artes (1933), a Medalla do Ouro na Primeira Exposición Provincial de Belas Artes (1943) e o Premio Especial da IV Exposición Provincial de Artes (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Está vinculado ao teatro independente arxentino cunha ampla obra destinada a diversos públicos, como o volume La clave encantada (1943). Foi un destacado militante do movemento Teatro Aberto, que se opuxo á ditadura militar. Na súa obra figuran títulos como El puente (1949), El fabricante de piolín (1950), Vivir aquí (1964), Los hermanos queridos (1978) ou Matar el tiempo (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Formouse en Zúric baixo a dirección de Jakob Jud. Foi catedrático de Filoloxía Románica nas universidades de Viena (1959-1967) e de Basilea (1967-1981). É autor de varios estudios de dialectoloxía diacrónica francesa, entre os que destaca Petite grammaire de l’ancien picard (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO