Giscard d’Estaing, Valéry
Giscard d’Estaing, Valéry
Político. Deputado desde 1956, foi ministro de Finanzas (1962-1966) no goberno de De Gaulle, e de Economía e Finanzas (1969-1974) con Georges Pompidou, a quen sucedeu como presidente da República (1974). Desde o seu goberno traballou pola consolidación dun maior vínculo entre os países europeos e estableceu un programa de revitalización da economía. A crise económica mundial e o rexurdimento da esquerda levárono a perder as eleccións presidenciais de 1981. En 1988 foi designado presidente da Union pour la Démocratie Française, coalición de centro-dereita pola que foi elixido parlamentario europeo en 1989. O Consello Europeo nomeouno presidente da Convención Europea, encargado da reforma das institucións da UE, creada no 2001.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Koblenz