"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

      1. Relativo ou pertencente a Parténope ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Parténope.

      1. Relativo ou pertencente a Nápoles ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema segundo o que os tres puntos de intersección dos lados opostos dun hexágono inscrito nunha cónica determinan unha recta, a recta de Pascal. O hexagrama que se forma denomínase hexagrama místico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Camiñada ou desprazamento que se fai por pracer e despreocupadamente

      2. Acción de levar a alguén á forza, durante a Guerra Civil Española, para executalo sen un xuízo previo.

    1. Lugar por onde se pasea, xeralmente unha rúa, avenida ou vía dunha certa amplitude con zonas arborizadas e especialmente habilitadas para os paseantes.

    2. Distancia curta que se pode percorrer a pé.

    3. Cada unha das partes do baile tradicional galego que concatena os puntos, e que se realiza formando unha roda ou mediante uns pasos cara a adiante e atrás, ou cara aos lados, que serve de transición e descanso entre os puntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pasifloráceas.

    2. Planta da familia das pasifloráceas.

    3. Familia de violais composta por plantas gabeadoras, herbáceas ou leñosas, capreoladas, de follas alternas, enteiras ou divididas, estipuladas, frecuentemente con nectarios; de flores regulares, hermafroditas ou unisexuais, xeralmente pentámeras, de xineceo súpero e dispostas en cimas paucifloras, e de froitos en cápsula loculicida ou en baga. Danse, sobre todo, nas rexións cálidas de América e de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e tradutor. Doutorouse en Filosofía e Filoloxía pola Universidade de Moscova. Influído por R. M. Rilke, os seus primeiros poemas teñen un marcado carácter simbolista, como os publicados en Bliznec v tucakh (Un xemelgo nas nubes, 1914), Poverkh bar’erov (Máis alá das barreiras, 1917) e Sestra moja zizn (Miña irmá, a vida, 1922). As obras posteriores caracterízanse pola visión individual da realidade, a complexidade das imaxes e o refinamento da linguaxe, como Lejtenant Schmidt (O tenente Schmidt, 1926), Dev’at’sot p’atyj god (O ano 1905, 1927) e Vtoroje rozdenije (O segundo nacemento, 1932). En 1956 publicou Doktor Zhivago, retrato dos anos da guerra e da revolución. Como tradutor, realizou versións dalgunhas traxedias de Shakespeare, do Faust: Eine Tragödie de Goethe e de obras de poetas xeorxianos. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de pastorear o gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Ferrol a partir de 1982. Dirixida por Juan J. Ruiz Varela, foi unha das publicacións que modernizaron a banda deseñada galega a principios da década de 1980, xunto con Fat City, e protagonizou o que se deu en chamar a “movida Ferrol”. Incluíu debuxos e ilustracións de banda deseñada de Eduardo Galán Dudi, entrevistas a coñecidos personaxes da política e da cultura, e artigos en que se analizaban diversos temas, sempre desde unha perspectiva de crítica, especialmente en todo o relativo á OTAN e ao imperialismo estadounidense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar estadounidense. Principal especialista en blindados do exército de EE UU, durante a Segunda Guerra Mundial participou nas campañas de Tunisia e Sicilia. Cabeza do terceiro exército, destacou, despois do Desembarco de Normandie (1944), pola súa penetración dentro de Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Inicialmente cultivou argumentos exóticos e despois o seu estilo evolucionou, e cultivou temas da natureza e vinculados coas teorías socialistas. Publicou libros históricos, biográficos e autobiográficos, ademais dun gran número de novelas e contos. Destacan as súas obras Kara Bugas (1932) e Zolotaja roza (A rosa dourada, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás paxiláceas.

    2. Fungo da familia das paxiláceas.

    3. Familia de fungos da orde das boletais, que comprende fungos con esporocarpos grandes ou medios, de cor castaña, con esporas pardas ou negras, e de láminas decorrentes e facilmente separables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pecizáceas.

    2. Fungo da familia das pecizáceas.

    3. Familia dos pecizais constituída por cogomelos cóncavos, carnosos e a miúdo coloreados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao músculo pectíneo ou ás estruturas relacionadas con el.

    2. Músculo aplanado e cuadrilátero que se insire na pube e no trocánter do fémur, e que contribúe á anteversión, á rotación externa e á adución da coxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de pedalear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pedaliáceas.

    2. Planta da familia das pedaliáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, da orde das escrofulariáceas, que presentan pelos secretores de mucilaxe, de follas simples opostas, de flores cigomorfas, infundibuliforme e co xineceo bicarpelar, e de froitos en cápsula ou en aquenio, a miúdo apendiculados. Son propias das rexións cálidas de Europa, Asia e África. Ten importancia como planta oleaxinosa o sésamo, Sesamum indicum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á autoridade ou funcionario de entidades locais menores, como veciñanzas, barriadas ou parroquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Doutor en Filosofía e Letras, exerceu como catedrático de instituto en La Laguna, Baeza, Cuenca e A Coruña. Colaborou na prensa diaria, de xeito habitual en La Voz de Galicia, El Eco de Galicia, Revista Contemporánea, Ilustración Nacional ou Unión Católica, en Madrid, desde os que atacou a ideoloxía rexionalista. Participou na fundación de Las Noticias de Cuenca, e dirixiu Diario de la Laguna, El Lagunero e Aguerre en Canarias. Da súa obra destacan La enseñanza de la geografía, lo que es y lo que debe ser en España (1909), Ensayo de antología geográfica (1910), Desde la terraza (ensayos poéticos) (1912), Descripción de España. Nociones elementales de geografía nacional (1915) e o inacabado Cuadros de España (1914). Recibiu a Cruz de Alfonso XII e foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Ribeira (Cervantes). O seu cumio acada os 900 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Formouse en Oxford e experimentou con diversas técnicas teatrais. Achegou unha nova visión escénica no reinado de Isabel I, aínda que as súas obras non lograron moito éxito na época. Da súa produción destacan Edward I (1593), The Battle of Alcazar (1594) e The Old Wive’s Tale (1595).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ar-quitecto chinés. Naturalizado estadounidense, realizou a súa obra en EE UU, como o centro de Investigacións Atómicas en Boulder (Colorado) e a Biblioteca J. F. Keneddy en Cambridge. Tamén destacan pola súa espectacularidade, o Edificio de Ciencias do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e a ampliación do Musée du Louvre, cuberta cunha pirámide de vidro e aceiro. Recibiu o Premio Pritzker (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe grego, epónimo do monte Pelión e da homónima cidade de Tesalia. Rei de Ptía, era fillo de Éaco e Endeis. Casado con Antígona, filla de Euritión de Ptía, nun accidente de caza matou o seu sogro e tivo que exiliarse. Calumniado pola muller de Acasto, Astidamía, foi abandonado sen armas nunha cazaría e conseguiu salvarse coa axuda dos Dióscuros. De regreso en Ptía, casou con Tetis, coa que enxendrou a Aquiles.

    VER O DETALLE DO TERMO