pedaliáceo -a

pedaliáceo -a

(< lat científico Pedalium, xénero de plantas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás pedaliáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das pedaliáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas herbáceas, da orde das escrofulariáceas, que presentan pelos secretores de mucilaxe, de follas simples opostas, de flores cigomorfas, infundibuliforme e co xineceo bicarpelar, e de froitos en cápsula ou en aquenio, a miúdo apendiculados. Son propias das rexións cálidas de Europa, Asia e África. Ten importancia como planta oleaxinosa o sésamo, Sesamum indicum.

Palabras veciñas

pedalear | pedaleiro | pedaleo | pedaliáceo -a | Pedamio | pedáneo -a | pedanía