"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
RIOS
Río de EE UU de 724 km de lonxitude. Está dividido en dous cursos, o do N nace no lago Otsego e atravesa o estado de Pennsylvania ata a cidade de Sunbury, onde se une coa corrente O, que nace nos montes Allegheny, e desemboca na baía de Chesapeake, no Atlántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Coñecido como Hans von Kulmbach, foi discípulo de A. Dürer. Bo colorista e retratista, pintou numerosos retablos como os de L. Tucher, en Sankt Sebaldus de Nuremberg (1513) e os de Santa Catarina (1514) e San Xoán (1516), na Kósciól Mariaki de Cracovia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aquilo en que reside o alimento e o sabor dunha comida.
-
Caldo de galiña que se lles daba ás mulleres que acababan de parir.
-
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico canadense. Debutou na década de 1960. Destacou a súa interpretación en M.A.S.H (1970), Johnny Got His Gun (1970), Kelly’s Heroes (1970), Fallen (1998), The Art of War (2000), The Italian Job (2003), Cold Mountain (2003) ou American Gun (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo estadounidense. Profesor e director do departamento de farmacoloxía da Western Reserve University (Cleveland) e profesor de fisioloxía da Vanderbilt University, descubriu o monofosfato de adenosina cíclico (AMPc) e demostrou o seu papel no mecanismo de acción química das hormonas (teoría do segundo mensaxeiro). En 1971 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, polo descubrimento dos mensaxeiros químicos que median a actuación das hormonas.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Expresión que dá a viscosidade dinámica ìt dun gas a unha temperatura t (expresada en °C) cando se coñece a viscosidade dinámica ì0 deste gas a 0°C. Escríbese:
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO
se denomina número de Sutherland, que oscila entre 100 e 500. -
PERSOEIRO
Poeta. Membro da familia dos Sutsos, orixinaria de Epiro e moi influínte nos territorios de Moldavia e Valaquia, escribiu Odes d’un jeune grec suivies de six chants de guerre (1828), en versos gregos e con tradución francesa. Tamén deu a coñecer unha novela filosófica, Leandre, ademais de obras líricas e traxedias. O seu irmán, Alexandros Sutsos (Constantinopla 1803-Esmirna 1863), escribiu unha Histoire de la révolution grecque (1829), sátiras políticas e poesías épicas en lingua purista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político laosiano. Venceu nas eleccións de 1951 e 1955 co partido progresista. En 1958 formou un goberno de coalición, que caeu a causa das presións dos clans dereitistas e, aínda que en 1960 volveu ocupar o posto de primeiro ministro, foi derrocado por outro golpe de estado. Presidiu un novo goberno de coalición co seu medio irmán, Sufanuvong (1962), que fracasou en 1964. Un novo golpe de estado prooccidental mantívoo como primeiro ministro e, despois de facerse co poder o Pathet Lao (1975), exerceu como conselleiro do novo goberno comunista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Loitou en diversas ocasións contra os turcos e contra Polonia. Durante a segunda coalición contra Napoleón, entrou en Milán, venceu a Macdonald en Trebbia e Jouvert en Novi Ligure, pero finalmente tivo que repregarse a Austria, desde onde volveu para Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión montañosa de Xeorxia, na cara meridional do Cáucaso central, onde se atopa o val de Inguri.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica de Suecia central, que recibe o seu nome do pobo prehistórico dos svear e que contra o ano 600 se uniu coa rexión de Götland, ao S, e formou o núcleo do reino de Suecia (80.971 km2). Comprende as provincias históricas de Dalarna, Wärmland, Närke, Västmanland, Södermanland e Uppland.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Foi director do Teatro Real de Copenhaguen desde 1873. Das súas composicións destacaron as Catro sinfonías norueguesas (1872-1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saab-Scania.
-
PERSOEIRO
Explorador noruegués. Realizou expedicións a Groenlandia con F. Nansen (1888) e á Terra de Francisco Xosé (1894-1896), como capitán do buque Fram. Descubriu e cartografou numerosas illas, entre elas as que se inclúen no arquipélago Sverdrup. Explorou o mar de Kara e os esteiros do Obi (1914) e do Ienisei (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e poeta neerlandés. Coñecido como Lucebert, desenvolveu gran parte da súa actividade en España (1964-1994). Destacou como poeta revolucionario e uniuse artisticamente ao grupo COBRA.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista holandés. Estudou e describiu a anatomía interna de insectos, especialmente moscas e abellas. Das súas obras destacan Historia insectorum generalis (1669) e Biblia naturae (1937-1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico inglés. Ideou a lámpada de incandescencia, independentemente de Edison, que deu a coñecer en 1878. Fixo investigacións sobre fotografía, ideou o papel de carbón e o de bromuro e introduciu as placas alveolares no acumulador de chumbo.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Gales, Reino Unido (378 km2; 223.301 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Revelouse como actriz dramática e converteuse nun mito do cine na década de 1920. Dos seus filmes destacan The Humming Bird (1924), Queen Kelly (1928), Sadie Thompson (1928), Sunset Boulevard (1950) e Airport 1975 (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado do SL de África, que constitúe un pequeno enclave entre a República Surafricana e Moçambique (17.364 km2; 1.033.000 h [estim 2001]). A capital lexislativa é Lobamba e a administrativa Mbabane.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Xeograficamente divídese de O a L en tres rexións: unha de máis de 1.000 m de altura (Highveld), de clima subtropical moderado e de alta pluviosidade, con bosque de folla perenne; outra cunha altura media de 700 m (Middleveld), zona subtropical de sabana seca; e outra dunha altura de 300 m (Lowveld), de clima seco e cálido. Os ríos principais son o Great Usut, o Ingwavuma e o Komati. A vexetación é esteparia. A agricultura é a principal actividade económica polo número de ocupados. Hai abundante gando bovino e caprino. O principal cultivo é a cana de azucre. Posúe numerosas reservas de carbón e son importantes tamén os diamantes, o ouro e o asbesto, entre outros. A electricidade escasea e a industria limítase ao tratamento dalgúns...