Svealand
Svealand
Rexión histórica de Suecia central, que recibe o seu nome do pobo prehistórico dos svear e que contra o ano 600 se uniu coa rexión de Götland, ao S, e formou o núcleo do reino de Suecia (80.971 km2). Comprende as provincias históricas de Dalarna, Wärmland, Närke, Västmanland, Södermanland e Uppland.