"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Parque Nacional situado na provincia de Huesca, Aragón que inclúe o val de Ordesa e outros territorios lindeiros, cos que acada unha extensión de 15.600 hectáreas. En 1918 foi declarado Parque Nacional e en 1982 ampliouse e recibiu o nome actual. Existe unha gran variación climática debido ás diferenzas de humidade e altitude, polo que existe unha gran diversidade de flora e fauna. Está considerado Reserva da Biosfera (desde 1977), posúe un diploma do Consello de Europa á Conservación (1988, 1993, 1998), é Patrimonio Mundial da UNESCO (desde 1997) e ZEPA (desde 1988). Das especies naturais que se poden ver destacan o tritón pirenaico (Triturus alpestris), a auganeira común (Galemys pirenaicus), o xabaril (Sus scrofa) e o rebezo (Rupicapra rupicapra), aínda que xa non o bucardo, unha subespecie da cabra montesa que se extinguiu a finais do século XX. Entre as aves destacan o crebaosos (Gypaetus barbatus), o voitre branco (Neophron percnopterus)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Afiliado ao Partido Conservador, foi deputado polo distrito de Tui (1879-1903), primeiro secretario do Congreso (1880 e 1882), conselleiro do Monte de Piedade e Caixa de Aforros (1892) e senador vitalicio desde 1903. Colaborou en diversos xornais, dos que destaca El Boletín Diplomático. Publicou Guía de Ferrocarriles del Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de organizacións privadas que teñen como obxectivo elaborar e executar plans de pesca, concentrar a oferta, regular os prezos, mellorar a calidade e actuar como empresas. Deben constituírse por libre iniciativa dos produtores e foron creadas para adaptar a normativa á entrada na Comunidade Económica Europea. Foron reguladas por primeira vez en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo de grosor axeitado que por un extremo se amarra á cruz da áncora e polo outro se afirma á boia que se vai balizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, produtor e guionista cinematográfico. Iniciou a súa carreira como actor, labor que abandonou moi cedo para dedicarse de cheo á elaboración de guións de series de televisión e filmes como Bajarse al moro (1988), Salsa rosa (1991) e El amor perjudica seriamente la salud (1996). Como realizador e guionista destacan as producións De qué se ríen las mujeres? (1996), Novios (1999) e Inconscientes (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ornitisquios.

    2. Réptil fósil da orde dos ornitisquios.

    3. Orde de réptiles fósiles, do grupo dos dinosauros, que teñen a pube cara a abaixo e cara a atrás, paralela ao isquion. Apaceren no Xurásico Inferior e crese que proveñen de réptiles tecodontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ornitorrínquidos.

    2. Mamífero da familia dos ornitorrínquidos.

    3. Familia de mamíferos prototerios, da orde dos monotremas, que comprende un único xénero (Ornithorynchus) e unha única especie, o ornitorrinco (O. anatinus).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Es-pazo circular e non enlousado situado entre a escena e as bancadas, no teatro grego. No centro da construción colocábase a ara de Dióniso, xa que era o lugar destinado ás danzas do coro. Na distribución do teatro romano, este espazo tiña forma semicircular e estaba enlousado. Converteuse nun lugar reservado aos senadores e aos maxistrados, e nalgunhas ocasións serviu para a representación das naumaquias.

      2. Parte anterior da platea situada baixo a escena, no teatro moderno, onde acostuman estar os músicos que cooperan na execución dun espectáculo teatral.

      1. Conxunto de instrumentos musicais reunidos para realizar unha interpretación musical. Os instrumentos da orquestra pertencen a catro grupos: corda, vento (ou madeira), metal e percusión. J. Stamitz, creador da escola de Mannheim, ideou un tipo estándar de orquestra, coa duplicación dos instrumentos de vento, aos que uniu dous clarinetes, e de metal. A finais do s XVIII a música sinfónica (Haydn e Mozart) requiría, ademais do grupo dos catro instrumentos de corda (violíns, violas, violoncellos e contrabaixos), dúas frautas, dous óboes, dous clarinetes, dous fagots, dúas trompas, dúas trompetas, dous timbais e, ocasionalmente, un frautín. Na época romántica o seu número creceu rapidamente coa inclusión do corno inglés (1830), a tuba, o contrafagot, a arpa, e ocasionalmente, segundo as necesidades da obra, mandolinas e un número variable de instrumentos de percusión. Á vez, aumentou o número dos instrumentos habituais en todas as seccións. Chégase a formacións colosais coas grandes...

      2. Conxunto dos músicos dunha orquestra.

      3. orquestra catedralicia

        Conxunto instrumental que dependía dos cabidos catedralicios. Estaba composto por un número variable de músicos que estaban ao servizo dos ritos dunha catedral de forma estable. Os instrumentos habituais eran as cornetas e os instrumentos de corda, aos que se lle podían unir outros de vento como os sacabuches, unha especie de trombóns de varas. En Galicia tiveron unha importancia destacada no desenvolvemento musical. A orquestra da Catedral de Santiago de Compostela foi a segunda de España en incorporar instrumentistas de forma estable e nun número cada vez maior. No s XVIII acadou, da man de B. Chiodi, o seu máximo esplendor con máis de doce músicos. A finais do s XIX desapareceron de forma drástica.

      4. orquestra de cámara

        Orquestra que conta cun reducido número de instrumentos, entre os que destacan os de corda e vento. Creouse como reacción á sobresaturada orquestra posromántica.

      5. orquestra sinfónica

        Conxunto musical de máis de 40 compoñentes formado por instrumentos de corda, vento-madeira, vento-metal e percusión, destinado á interpretación do repertorio sinfónico.

  • Orquestra creada en 1992 con sede no Palacio da Ópera da cidade da Coruña. Dirixida por Víctor Pablo Pérez, centra a súa actividade no repertorio do s XX, interesándose tanto polos compositores consagrados, como Brahms, Mozart, A. Gaos ou Enrique X. Macías, como polos novos valores. Participou na gravación de numerosos discos xunto con directores e intérpretes da relevancia de Manuel Barrueco, María Bayo, Plácido Domingo, Antonio Meneses ou o Orfeón Donostiarra, na banda sonora de diversos filmes e na elaboración dun disco compacto de compositores galegos. A OSG ten en marcha proxectos artísticos como o Coro Sinfónico, a Orquestra de Cámara, a Orquestra Nova, a Escola de Práctica Orquestral e os Nenos Cantores da OSG. Organiza cada ano a súa tempada de concertos, en que se acompaña dos máis destacados solistas do mundo, ademais dun Ciclo de Música de Cámara, o Festival Mozart da Coruña e programas didácticos. Participou en diversas xiras que a levaron a Alemaña e a Austria, ao Festival...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de orquestrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen realiza orquestracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orquestra.

    2. Aplícase á música destinada a ser interpretada por unha orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribuír as diferentes partes dunha composición sinfónica entre os distintos instrumentos que forman a orquestra e agrupar algúns destes para obter determinados efectos tímbricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘testículo’. OBS: ; Tamén se empregan os alomorfos orquid- e orquido-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor nos testículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás orquidáceas.

    2. Planta da familia das orquidáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das orquidais, constituída por plantas herbáceas perennes -ás veces lianoides-, terrícolas, saprofíticas ou epifíticas, a miúdo bulbosas e sempre micorrícicas. É unha familia que comprende unhas 18.000 especies presentes en todo o mundo, pero sobre todo nas zonas cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás orquidais.

    2. Planta da orde das orquidais.

    3. Orde de plantas, da clase das monocotiledóneas, que presenta flores xinandras. Esta orde inclúe só a familia das orquidáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Flor das orquidáceas.

    2. Nome que reciben as plantas da familia das orquidáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO