orquidáceo -a

orquidáceo -a

(< lat científico Orchis)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás orquidáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das orquidáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas, da orde das orquidais, constituída por plantas herbáceas perennes -ás veces lianoides-, terrícolas, saprofíticas ou epifíticas, a miúdo bulbosas e sempre micorrícicas. É unha familia que comprende unhas 18.000 especies presentes en todo o mundo, pero sobre todo nas zonas cálidas.

Palabras veciñas

orqui(o)- | orquialxia | orquid- | orquidáceo -a | orquidal | orquídea | orquidectomía