orquidáceo -a
orquidáceo -a
(< lat científico Orchis)
-
adx
Relativo ou pertencente ás orquidáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das orquidáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas, da orde das orquidais, constituída por plantas herbáceas perennes -ás veces lianoides-, terrícolas, saprofíticas ou epifíticas, a miúdo bulbosas e sempre micorrícicas. É unha familia que comprende unhas 18.000 especies presentes en todo o mundo, pero sobre todo nas zonas cálidas.