"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos, da familia dos mirmecofáxidos, ao que pertence o oso formigueiro denominado tamanduá.
-
-
Que é dun tamaño ou grao tan grande como aquilo con que se compara.
-
Maior ou menor volume ou dimensión que ten algunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tamenghest.
-
PENÍNSULAS
Península do S de Rusia que constitúe a extremidade occidental do Cáucaso, entre o Mar Negro e o mar de Azov. Está separada de Crimea polo estreito de Kerč’ (2.000 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. O seu teatro é de carácter realista, cun sentido moralizante e didáctico, aínda que algunhas das súas primeiras obras teñen trazos románticos, como Ángela (1851), inspirada en Schiller. Cultivou tamén o teatro de tese e de costumes, como en La bola de nieve (1856) e Los hombres de bien (1870). A súa obra capital é Un drama nuevo (1867), ambientada na Inglaterra de Shakespeare.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e poeta. Xefe do partido radical e membro do Parlamento, foi ministro de Asuntos Exteriores e, en 1935, presidente da República durante a Guerra do Chaco, aínda que non tomou posesión pola oposición do exército. De tendencia modernista, escribiu os poemarios La prometheida (1927) e Epigramas griegos (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soberano da Transoxiana (1370-1405). De nome Tīmūr Lang, pertenceu a unha familia nobre turcomá e conseguiu facerse cargo de toda a Transoxiana, onde encabezou, autoproclamándose herdeiro e continuador do imperio de Xenguis Khan, a dinastía timúrida. O seu dominio estendeuse a Corasmia (toma de Urgueuč, 1379), Persia (1380-1387), Acerbaixán (1385-1386) e ao reino cristián de Xeorxia (1387). Aniquilou aos seus parentes do Imperio da Horda de Oro ao anexarse todo o territorio comprendido entre o Mar Caspio e o Mar Negro. Enfrontado cos mamelucos de Siria, devastou Alepo e Damasco (1400-1401), despois da destrución de Bagdad (1401) e de diversas poboacións de Iraq. Derrotou tamén e aprisionou, preto de Ancara, ao sultan otomán Baiaceto I en 1402. Morreu cando iniciaba a conquista de China. O seu imperio, apoiado na súa forte personalidade, desapareceu pouco despois da súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación política fundada en Nova York (1789) polo emigrante irlandés William Mooney. Organizados en tribos e presididos por un gran sachem (‘líder’), buscaban o progreso da sociedade e opoñíanse aos intereses dos grupos aristocráticos. O gran sachem Martin van Buren accedeu á presidencia da Unión, entre 1837 e 1841. Na segunda metade do s XIX acadou unha grande influencia no estado de New York.
-
PERSOEIRO
Escritor estoniano. A súa obra retrata a vida nacional de ambiente campestre, con agudas anotacións psicolóxicas. Destacan Kōrboja peremees (Campesiños de Korboja, 1922) e Tode ja Ogus (Verdade e xustiza, 1962-1963), un ciclo de cinco novelas sobre as vicisitudes do pobo estoniano ao longo de tres xeracións.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Expresa a idea de igualdade nunha comparación.
-
Expresa a intensidade de algo en grao elevado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (17.295 km2; 58.000 h [estim 1994]). A súa capital é Tan-Tan (45.821 [estim 1984]).
-
RIOS
Río de Kenya de 708 km de lonxitude. Nace ao N de Nairobi e descende preto de Saka, onde xira cara ao SO, e desemboca no Océano Índico, en Kipini.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago do NO de Etiopia, na rexión de Amhara, o máis grande do país (3.060 km2). Situado a 1.830 m sobre o nivel do mar, é atravesado polo Abbai (Nilo Azul) a poucos quilómetros ao S de Gonder.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
herba lombrigueira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das asteráceas, coas follas alternas, xeralmente pinnatisectas, capítulos pequenos e numerosos dispostos en corimbo e froito en aquenio con vilano. En Galicia está presente a especie T. parthenium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena estatua de terracota policromada de época helenística que tomou o nome da cidade de Tanagra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade da Beocia (Grecia), ao L de Tebas, que sobrevive actualmente no poboado homónimo (1.097 h [1981]). Sometida a Roma en 145 a C, continuou florecendo ata o s VI. Tiña un templo de Hermes, cunha estatua do deus feita por Calamis.
-
-
Relativo ou pertencente aos tanaidáceos.
-
Crustáceo da orde dos tanaidáceos.
-
Orde de crustáceos, da clase dos malacostráceos, de dimensións entre 1-20 mm de lonxitude, coa cuncha reducida aos dous primeiros segmentos sobre os que está soldada. Son mariños e viven en galerías escavadas nos fondos fangosos. Os representantes máis comúns son Apseudes spinosus e Tanais vittatus.
-
-
CIDADES
Cidade grega antiga na Rusia meridional situada á beira da desembocadura do río Don. Colonia de Panticapeon e fundada en idade incerta, parece ser que tivo vínculos comerciais importantes cos sármatas e co reino do Bósforo. Destruída na época de Augusto, rexurdiu no mesmo lugar unha nova cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político xaponés. Deputado liberal demócrata desde 1947, ao ano seguinte converteuse en viceministro de Xustiza e, posteriormente, ocupou diversos ministerios. Encabezou a facción máis importante dos liberais demócratas, partido do que foi secretario xeral (1965-1966 e 1967-1971) e presidente (1972-1974). Foi primeiro ministro de Xapón (1972-1974) e obrigárono a dimitir pola manipulación de fondos electorais.
VER O DETALLE DO TERMO