tanaidáceo -a
tanaidáceo -a
(< lat científico Tanais,xénero de crustáceos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos tanaidáceos.
-
s
m
[ANIMAL]
Crustáceo da orde dos tanaidáceos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de crustáceos, da clase dos malacostráceos, de dimensións entre 1-20 mm de lonxitude, coa cuncha reducida aos dous primeiros segmentos sobre os que está soldada. Son mariños e viven en galerías escavadas nos fondos fangosos. Os representantes máis comúns son Apseudes spinosus e Tanais vittatus.