"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica profesionalmente á taquimecanografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área estatística de Nova Zelanda, situada na illa do Norte (7.876 km2; 102.858 h [2001]). A súa capital é New Plymouth (49.079 h [1996]).
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado na ribeira esquerda do Tajo, e regado polo Riansares (11.786 h [2001]). Ten industria alimentaria, metalúrxica e de material para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Vicente Enrique y Tarancón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
trandeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo de mala calidade que se deixa a monte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade celta, mencionada por Lucano, á que se ofrecían sacrificios humanos. Foi identificada con Xúpiter, pois consérvanse epigrafías dun Iuppiter Taranacus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danza e música de movemento moi vivo, tradicional no S de Italia desde o s XIV. Orixinaria de Tarento, a lenda relaciónaa coa picadura da tarántula. A miúdo escríbese en compás de 3/8 ou de 6/8 e ten notables afinidades co saltarello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manifestación histérica convulsiva que se atribúe popularmente á picadura da tarántula e cuxa curación é a través dunha danza frenética. Foi observada desde o s XV en diversas localidades de Puglia (Italia), sobre todo en Tarento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arácnido, da orde dos araneidos, cuxa picadura adoita ser velenosa. Hai especies europeas (xéneros Lycosa e Pardosa) e americanas, tamén denominadas mígalas, que son peludas e grandes. A especie Lycosa tarentula é a tarántula máis frecuente en todo o S de Europa e a súa picadura é pouco velenosa.
-
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (784-806). Foi un dos animadores do II Concilio de Nicea, que condenou aos iconoclastas. A súa festividade celébrase o 18 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘roda ou pedra (de afiar)’.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado ao N da capital provincial e delimitado ao S polo Júcar (6.252 h [2001]). Ten industrias derivadas das actividades agropecuarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de tardar.
-
PERSOEIRO
Sociólogo. A partir do estudo de criminais desenvolveu unha teoría dos procesos de interacción social. Das súas obras cómpre destacar Les lois de l’imitation (1890) e Les lois sociaux (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Diplomático de carreira e deputado desde 1914, foi conselleiro de Clemenceau para os asuntos de política exterior. Ministro con Poincaré (1926-1929), foi presidente do Consello (1929-1930, 1932). Volveu ser ministro noutras ocasións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao período do Imperio Romano comprendido, aproximadamente, entre o s III e o s V, ambos inclusive.
-
PERSOEIRO
Raíña de León (960-966), filla de Ansur Fernández, conde en Monzón de Campos. A súa alianza matrimonial con Sancho I de León facilitou a derrota de Ordoño IV e a restauración de Sancho I. Ao morrer este en 966, asumiu a rexencia durante a minoría de idade de Ramiro III, xunto coa súa cuñada Elvira de León, e, tras a razzia de Almanzor, retirouse a un convento en 985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixiosa carmelita. De nome Teresa de Cepeda y Ahumada, en 1535 entrou no convento de La Encarnación (Ávila). Propúxose reformar a orde do Carmelo para facela retornar ao antigo rigor. En 1562 fundou o primeiro convento reformado, o de San José de Ávila. Despois realizou, en medio de dificultades e mesmo persecucións, moitas outras fundacións. A tarefa renovadora e as súas experiencias místicas ata a fundación do primeiro convento narrounas en Vida, da que se conserva só a segunda redacción, pois a primeira foi requisada pola Inquisición. Os azares das fundacións posteriores explicounos en Libro de las fundaciones. Estes dous documentos autobiográficos compleméntanse coas Cartas. Entre as súas obras de carácter doutrinal destacan Camino de perfección (1562-1564) e o tratado ascético-místico Moradas del castillo interior (1577). O seu estilo é coloquial, cheo de formas da lingua viva da época, de locucións populares e de comparacións tiradas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixiosa carmelita. Ingresou con 15 anos no convento de Lisieux, ofrecía as súas enfermidades para o ben das misións. Morreu de tuberculose. Escribiu, por orde da súa superiora, Historia dunha alma (1897). Canonizada en 1923, o Papa Pío XI proclamouna patroa das misións e en 1997 o Papa Xoán Paulo II Doutora da Igrexa e da Santa Faz. Represéntase con hábito carmelita, crucifixo con rosas entre as mans como atributo persoal, xa que cando estaba a morrer dixo que faría chover rosas e grazas do ceo. A súa festividade celébrase o 1 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO