"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Trobador. Das súas poesías unicamente se coñecen algúns fragmentos inconclusos dentro do seu Espello de trobar. Neste tratado de retórica, sintetízase a preceptiva latina medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente da marxe dereita do Llobregat, co que conflúe en Martorell, despois de percorrer a comarca á que lle dá nome, a parte levantina do Alt Penedés e un pequeno fragmento da do Baix Llobregat.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comezar a facerse de noite.

    2. Estar nun lugar cando chega a noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período de tempo en que se fai de noite. Comeza aproximadamente ao finalizar a tardiña e remata cando é noite pecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tempo no que o sol pouco a pouco vai desaparecendo ata chegar a noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles saurios da familia dos iguánidos, que comprende 300 especies de América meridional. Posúen unha especie de bolsa no pescozo que se fai máis patente coa erección dun cartílago situado na base das mandíbulas; esta ten xeralmente unha coloración moi viva nos machos e falta nas femias dalgunhas especies. Teñen os dedos das mans e dos pés dilatados, aplanados e cubertos na parte inferior dunha serie de láminas dispostas en sentido transversal. Son de costumes arborícolas e cambian de cor con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘irregular, sen lei, inxusto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Irregularidade, falta de conformidade cunha regra xeral.

    2. Cousa anómala.

      1. Distancia angular, tomando como centro o Sol, dende o perihelio dun planeta ata o punto da órbita no que se atopa o planeta (anomalía verdadeira) ou no que se atoparía, se o seu movemento fose uniforme (anomalía media).

      2. anomalía do Sol

        Arco de eclíptica, contado en sentido directo, que vai dende a liña das ápsides ata o Sol. Pódese referir ao Sol verdadeiro (anomalía verdadeira do Sol) ou ao Sol fiticio (anomalía media do Sol); a diferenza entre ambas recibe o nome de ecuación do centro.

    3. Irregularidade, particularmente orgánica, que presenta un individuo ou grupo de individuos respecto aos outros da mesma especie.

    4. Desviación dunha magnitude metereolóxica do seu valor normal. Acostúmase a considerar a anomalía térmica para indicar a diferencia entre o valor medio anual da temperatura nun lugar determinado e o valor que lle correspondería segundo a latitude.

    5. ariación dunha magnitude xeofísica debida á distribución irregular das masas na codia terrestre. A anomalía da gravidade é a diferenza entre o valor teórico calculado por un elipsoide ideal e o valor medido experimentalmente. Considéranse principalmente dúas anomalías: dunha banda, a anomalía ao aire libre, dada pola diferenza entre o valor da gravidade no punto do xeoide situado na vertical do punto no que se fai a observación e o valor teórico que resulta do modelo do xeoide; e da outra banda, a anomalía de Bouguer, que corrixe os efectos da masa da codia terrestre que hai debaixo do observador, entre este e o xeoide. Os modelos da isostasia indicaron que a anomalía podería ter dúas contribucións: a correspondente á topografía (elevación sobre o nivel medio) e a debida ás raíces que desprazan o material máis denso dentro do manto. Así, canto máis alta é unha montaña máis material denso do manto despraza, de maneira que a anomalía real é menor ca a que se esperaría...

    6. Trastorno producido a consecuencia dunha alteración na formación ou no desenvolvemento dun ou de diversos órganos do embrión ou do feto durante a xestación, e que, polo tanto, está presente dende o nacemento, aínda que pode pasar inadvertido durante un tempo, incluso ata a vida adulta. Pode ser de carácter hereditario ou debida a causas ambientais.

    7. aberración cromosómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entre os gregos e os latinos, gramático que sostiña que unha lingua está feita de irregularidades e de coincidencias fortuítas. Os anomalistas opóñense aos analoxistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha anomalía.

    2. mes anomalístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta unha anomalía.

    2. Que non se axusta a un tipo considerado como normal ou regular, dentro dun sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Núcleo atómico de comportamento anormal debido ao feito de ter unhas dimensións superiores ás que lle corresponderían se se atendese ao número de nucleóns que o forman. Non parece que estas modificacións poidan explicarse por ningún mecanismo simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero da familia dos anomalúridos.

    2. Familia de mamíferos da orde dos rilladores integrada por individuos duns 60 cm de lonxitude, de corpo alongado e coa cabeza parecida á dun esquío, coas extremidades longas e de cores diversas, en xeral vermellas. Teñen unhas patas que lles permiten saltar e planear entre as árbores, e unha serie de escamas córneas, baixo o rabo, que cravan no tronco das árbores para axudarse a subir. Son fruxívoros. Todas as especies son africanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro do sector máis extremista do arianismo. Os anomeos ou aecianos defendían que entre o Pai e o Fillo había unha disimilitude completa. Os seus representantes máis notables foron Aecio e Eunomio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Existencia de anómeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á anomería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos dous hemiacetais internos dos azucres, que teñen a mesma configuración en todos os átomos de carbono excepto no carbono aldehídico, responsable da anomería e chamado carbono anomérico; cada parella de anómeros a e b son diastereómeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de lei.

    2. Estado social no que a confusión e a mutua contradición das normas existentes crean unha grave desorganización na conduta de certos individuos. Este concepto foi formulado por Émile Durkheim.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos da orde dos ostreidos ao que pertence a ostra de can.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á suborde dos anomocelos.

    2. Anfibio da suborde dos anomocelos.

    3. Suborde de anfibios anuros integrada por individuos que teñen vértebras anficélicas ou procélicas, e que carecen de costelas. Comprende dúas familias, a dos pelobátidos e a dos pelodítidos.

    VER O DETALLE DO TERMO