anomalúrido
anomalúrido
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da familia dos anomalúridos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de mamíferos da orde dos rilladores integrada por individuos duns 60 cm de lonxitude, de corpo alongado e coa cabeza parecida á dun esquío, coas extremidades longas e de cores diversas, en xeral vermellas. Teñen unhas patas que lles permiten saltar e planear entre as árbores, e unha serie de escamas córneas, baixo o rabo, que cravan no tronco das árbores para axudarse a subir. Son fruxívoros. Todas as especies son africanas.