"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Calidade ou estado de repelente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime fascista establecido por Benito Mussolini no N de Italia entre o 9 de setembro de 1943 e o 25 de abril de 1945, con sede en Salò (Lombardia). Pouco despois de ser liberado polos alemáns, B. Mussolini formou un goberno republicano na zona de Italia dominada por aqueles no que tentou recuperar as pretensións sociais do primeiro fascismo. Organizou un xuízo, o Proceso de Verona, contra os supostos culpables da caída do réxime fascista en Roma, pero sucumbiu ante o avance aliado e a acción dos partisanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aversión física ou moral insuperable contra algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e cronista portugués. Ao servizo dos reis D. João II, do que foi secretario privado, D. Manuel, a quen acompañou a Castela, e de D. João III, foi un dos personaxes máis notables do Renacemento no seu país e destacou nos campos da literatura, da arquitectura, da música e da historia. Recompilou o Cancioneiro Geral (1516), a súa achega máis importante, unha escolma que recolle a obra de 286 poetas da segunda metade do s XV e principios do s XVI. Tamén escribiu unha Miscelânea (1554), versificada, en que recolle algúns dos acontecementos históricos máis importantes da época; as Trovas à morte de D. Inês de Castro, en que eloxia por primeira vez a figura histórica da nobre galega; Vida e Feitos de D. João II, un panexírico do monarca; e outros documentos máis breves como a Entrada del-Rei D. Manuel em Castela, Ida da Infanta D. Beatriz para Saboia e Tresladação do Corpo del-Rei D. João II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de residir.

      1. Sitio onde vive alguén dun xeito fixo ou habitual.

      2. Edificio onde conviven habitualmente diferentes persoas baixo unha regulamentación común e vinculados por motivos de idade, sexo, traballo, ocupación ou crenzas relixiosas.

      3. Edificio en que unha autoridade ou corporación ten o seu domicilio e exerce as súas funcións.

      1. Obriga xurídica de residir no lugar onde se desenvolve unha función ou cargo público.

      2. Obriga que ten o clérigo de estar habitualmente no lugar onde radica o cargo que exerce.

    2. Cargo de ministro residente.

    3. Período de formación dunha especialidade médica, que ten unha duración habitual de entre tres e seis anos, e que se realiza en hospitais acreditados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á residencia.

    2. Aplícase ao barrio ou á zona dunha cidade que están destinados principalmente a vivenda, xeralmente para clases sociais acomodadas.

    3. Aplícase ao cargo ou beneficio que esixe a residencia nun lugar, por oposición aos cargos ou beneficios titulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Someter a investigación a conduta dun xuíz ou doutra persoa que exerceu un cargo público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resistencia que presentan os sólidos á rotura por choque, dada por unha cifra que caracteriza a fraxilidade do sólido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de resistir ou de resistirse.

      2. Delito que consiste na oposición ou rebeldía, manifestada con actos externos, a un axente da autoridade no cumprimento das súas obrigas.

      1. Poder ou capacidade de resistir.

      2. Mecanismo de defensa natural que posúe un individuo para defenderse dun axente patóxeno, nocivo ou tóxico e evitar así a aparición da enfermidade.

      3. Propiedade que teñen os corpos de soportar a acción de axentes, físicos ou químicos, sen romper ou deformarse.

      4. Conxunto de forzas psicolóxicas que, nun doente, se opón á súa cura.

      5. caixa de resistencia

        Fonte económica que acumulan os sindicatos para resistiren durante unha folga.

      6. resistencia de materiais

        Rama da técnica mecánica que ten por obxecto a determinación das dimensións que teñen que ter as pezas ou os elementos das máquinas ou das construcións, de acordo coa súa forma, os materiais con que están feitos, os esforzos que teñen que soportar ou as condicións de traballo. Así preténdese obter o máximo aproveitamento dos materiais e un grao de seguridade suficiente. As diversas clases de resistencia que se estudan son: a resistencia á tracción, á compresión, ao cizallamento, á flexión, á torsión e ao encurvamento.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia do Chaco, Arxentina, situada na rexión Litoral (275.962 h [2001]). Está situada no N do país na beira do río Paraná, moi preto da fronteira co Paraguay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de oposición que se produciu nos países europeos ocupados polas tropas do Terceiro Reich durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945). A resistencia pacífica coexistiu con formas de acción directa, como as sabotaxes industriais ou os atentados contra as forzas de ocupación e colaboracionistas. A intensidade da loita violenta foi aumentando ao longo do conflito, sobre todo en Europa Oriental, en Francia e, tras a caída de B. Mussolini, en Italia. En cambio, nos países ocupados de Europa Occidental (Bélxica, Países Baixos, Dinamarca e Noruega), as formas de loita non violentas foron preponderantes. A Resistencia francesa, os maquis, organizouse na zona ocupada polos alemáns e, máis tarde, na zona controlada polo goberno de Vichy. Baixo o pulo de Charles de Gaulle e do seu representante no interior Jean Moulin, constituíuse o Conseil National de Résistance (1943) e creáronse as Forces Françaises de l’Intérieur (FFI), en 1944.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fenómeno polo que un corpo elástico entra en vibración ao ter contacto con outro corpo vibrante dentro duns límites de adecuación frecuencial. Ao producirse esta harmonía, o primeiro corpo aumenta, ou pode aumentar, a amplitude das vibracións e compórtase como un resoador.

      2. Fenómeno físico que consiste nun intercambio óptimo de enerxía entre dúas variables periódicas que teñen a mesma frecuencia.

      3. Fenómeno que consiste na coincidencia entre o período dunha oscilación libre e dunha forzada que adquire a máxima amplitude de oscilación cando se dá resonancia. Son especialmente importantes a resonancia de tensión e a resonancia de corrente.

    1. Capacidade dun instrumento ou dun local para aumentar ou prolongar un son.

    2. Conxunto de sons complementarios que produce o son dunha nota, nun instrumento musical, ao vibrar, baixo a influencia da primeira vibración causada pola nota, os corpos próximos por simpatía. Este fenómeno emprégase para amplificar a sonoridade dos instrumentos coa caixa de resonancia.

    3. Difusión que adquire un feito ou unha noticia polo seu interese ou relevancia.

      1. Característica que teñen algunhas substancias de presentar mesomería.

      2. enerxía de resonancia

        Diferenza entre a enerxía de formación teórica e a enerxía de formación real dun composto resoante.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reaparición dunha corrente de auga que, tras acadar os estratos calizos e circular polas cavidades subterráneas, aflora á superficie nun relevo cárstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Omisión dunha cousa que se podería dicir e non se di, ou non se di claramente.

      2. Figura retórica que consiste en deixar incompleta unha frase para dar a entender máis do que parece que se quere silenciar.

    1. Actitude prudente ou reservada que se adopta con respecto a algo.

      1. Delito, equivalente ao falso testemuño, que consiste en testemuñar parcialmente ou con reserva sobre feitos fundamentais dun caso ou para evitar prexuízos.

      2. Delito que consiste en omitir nun contrato cousas que determinarían condicións diferentes do mesmo contrato. No caso dun contrato de seguros, a reticencia do asegurado sobre o alcance e a natureza do risco comporta a súa anulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Respecto ou admiración profunda que se sente por algo ou por alguén.

      2. Título honorífico dado a determinados eclesiásticos, especialmente relixiosos regulares.

    1. Inclinación que se fai coa parte superior do corpo para saudar respectuosamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que manifesta ou implica reverencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1921 que cesou en agosto de 1923 (nº32). Dirixida por J. J. Casal, foi promovida pola Casa América-Galicia, unha asociación rexional de carácter hispanoamericano orientada ao comercio de Galicia con América, onde o propio Casal era o seu secretario xeral. Continuadora de América-Galicia, centrouse na actividade consular e no comercio portuario da Coruña. Completaba os seus contidos con artigos literarios e ilustracións que, a partir do número 25, acadaron maior peso. A revista converteuse nunha publicación literaria vangardista aberta á participación dos autores de toda Hispanoamérica, cunha especial dedicación á poesía. Sucedeuna en 1932 Alfar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 15 de marzo de 1856. Dirixida por Xosé Varela, imprimiuse nos obradoiros de Rey Romero cunha periodicidade quincenal. De carácter profesional, incluíu artigos asinados por médicos e catedráticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela desde decembro de 1894 ata o 30 de xuño de 1895 (nº 25). Pertencía á Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi dirixida polo mestre Xerardo Rodríguez García. Saía da imprenta de José María Paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO