República Social Italiana ou República de Salò

República Social Italiana ou República de Salò

Réxime fascista establecido por Benito Mussolini no N de Italia entre o 9 de setembro de 1943 e o 25 de abril de 1945, con sede en Salò (Lombardia). Pouco despois de ser liberado polos alemáns, B. Mussolini formou un goberno republicano na zona de Italia dominada por aqueles no que tentou recuperar as pretensións sociais do primeiro fascismo. Organizou un xuízo, o Proceso de Verona, contra os supostos culpables da caída do réxime fascista en Roma, pero sucumbiu ante o avance aliado e a acción dos partisanos.

Palabras veciñas

República Francesa, Quinta | República Francesa, Segunda | República Francesa, Terceira | República Social Italiana ou República de Salò | república, A | República, La | República, La