República Francesa, Terceira
Período da historia de Francia que vai desde o 4 de setembro de 1870 ao 10 de xullo de 1940. A consecuencia da derrota francesa na Guerra Franco-prusiana (1870-1871) e da axitación popular que culminou na Comuna de París (1871), caeu o Imperio, e foi promulgada a Constitución de 1875, que precedeu o triunfo electoral dos republicanos. Superada a crise do programa de Georges-Ernest Boulanger e do caso Dreyfus, os radicais accederon ao goberno. Durante este período a expansión colonial recibiu un forte pulo, e Francia participou na Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Rematada esta, gobernou a dereita nacionalista e conservadora, pero a crise de 1929 provocou unha radicalización do país, que permitiu o triunfo da Fronte Popular de Léon Blum en 1936. Fracasado este ao non poder superar a crise, foi substituído por unha coalición de radicais e moderados. A política de claudicación adoptada ante o expansionismo de Adolft Hitler (1938) non puido evitar a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), que significou a fin do réxime ao conceder poderes especiais ao mariscal Pétain en plena invasión alemá.