"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Nome que reciben as plantas do xénero Paeonia, da familia das peoniáceas. OBS: Tamén se denomina herba tolledeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás peoniáceas.

    2. Planta da familia das peoniáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas perennes, da orde dos dileniais, que se caracteriza por posuír follas e flores grandes, estas últimas solitarias, terminais e actinomorfas. O froito é de tipo polifolículo. Esta familia está constituída por un único xénero, Paeonia, de distribución fundamentamente euroasiática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao peón ou viandante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Probablemente orixinario de Tracia, traballou en Delfos e en Olimpia, onde fixo a estatua de Níkē para o templo de Zeus, e puido intervir na decoración do friso do templo de Atenea Níkē na Acrópole de Atenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é máis malo ca outro en condición ou calidade.

    2. Que ou quen é o máis malo ou o de menos calidade.

    3. Máis mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Illinois, EE UU, situada nas ribeiras do río homónimo (113.983 h [estim 1992]). É unha rexión de grande riqueza agrícola e hulleira, porto fluvial e centro industrial con industrias químicas, alimentarias, petroleiras, siderúrxicas e de material para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se aplica na pel ou a través da pel, especialmente referido aos métodos terapéuticos ou diagnósticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro do grupo OuLiPo (Ouvroir de Littérature Potentielle), utilizou as matemáticas, a lóxica e o xadrez para facer as súas composicións e destacou polos seus palíndromos. Da súa obra, en que procura solucións a problemas formais, cómpre salientar Les choses (1965, Premio Renaudot), La disparition (1969), Les revenentes (1972), La boutique obscure (1973), Je me souviens (1978), La vie, model de emploi (1978, Premio Médicis) e La clôture (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Mateo de Lecce, formouse en Roma cos seguidores de Miguel Anxo, e tomou como referencias a C. Salvati e T. Zucari. En 1590 divulgou o manierismo en Lima. Traballou en Malta e Sevilla, onde se conserva a súa obra San Cristóforo (1584).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Na súa obra reflicte algúns temas como a vida, a familia, a natureza e a amizade, sempre desde un punto de vista próximo á relixión. Colaboradora de El Álbum de la Caridad, El Almanaque Gallego e El Ángel del Hogar, escribiu Cantos de la infancia (1865), con prólogo de Manuel Murguía; Devocionario infantil (1867), dedicado ao príncipe de Asturias Afonso XII; e Horas perdidas (1874), en que inclúe diversas composicións de temática relixiosa. Foi galardoada con accésit en diversos certames literarios de Lleida e co loureiro de ouro nos Xogos Florais de Zaragoza (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Formouse en Santiago de Compostela e foi alcalde da Coruña. Publicou El primer almirante de Castilla (1868) e Viaje a Egipto, Palestina y otros países de Oriente (1882-1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pel delgada de ovella, cabra ou asno, sometida só a pelado, secado, desengraxamento e alisamento, translúcida ou opaca, que permite escribir nela e que pode ser impresa ou empregada en encadernación.

    2. Documento escrito sobre pergameo. O nome provén da cidade de Pérgamo, en Asia Menor. Segundo o animal do que procedese a pel, a maneira de preparala e a calidade, recibía diferentes nomes, como vitelino (vitela), caprino e ovino.

    3. papel pergamiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está feito de pergamiño ou que é moi semellante a el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parede músculo-membranosa, de forma romboidal, que forma o solo da gran cavidade abdominal. Está atravesado pola uretra, polos órganos xenitais e polo recto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica do perineo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sutura dun esgazamento perineal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana fibrosa, de tecido conectivo, que recobre os ósos agás os puntos de incrustación da cartilaxe e de inserción dos tendóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana serosa, de orixe mesodérmica, que tapiza as paredes da cavidade abdominal e a superficie exterior das vísceras que contén. OBS: Tamén se denomina membrana abdominal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame da cavidade peritoneal, insuflada con gas ou aire, mediante un endoscopio introducido a través dunha pequena incisión feita na parede abdominal.

    VER O DETALLE DO TERMO