pergameo

pergameo

(< lat v *pergamīnu)

  1. s m

    Pel delgada de ovella, cabra ou asno, sometida só a pelado, secado, desengraxamento e alisamento, translúcida ou opaca, que permite escribir nela e que pode ser impresa ou empregada en encadernación.

    Sinónimos: pergamiño.
  2. s m [PALEOGR]

    Documento escrito sobre pergameo. O nome provén da cidade de Pérgamo, en Asia Menor. Segundo o animal do que procedese a pel, a maneira de preparala e a calidade, recibía diferentes nomes, como vitelino (vitela), caprino e ovino.

    Sinónimos: pergamiño.
  3. pergameo vexetal

    papel pergamiño.