"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Compañía profesional creada en 1985 por Xulio Lago despois da disolución do grupo Teatro da Mari-Gaila. O seu primeiro espectáculo foi Xoana (1985), creado a partir dun texto homónimo de Manuel Lourenzo, con dirección de Xulio Lago, responsable da realización escénica dos espectáculos, e tamén destacan Eu, Gulliver Ferreiro (1988), recital poético con textos de Celso E. Ferreiro e dramaturxia de Xulio Lago; Liberdade Brenana (1989), de Rainer W. Fassbinder; Historia de Neera (1990), a partir dun texto de Roberto Salgueiro, e   galardoado co Premio Compostela para Xulio Lago, á mellor dirección, e Antonio F. Simón, á mellor escenografía; Ocasos (1991), con textos de Manuel Lourenzo e Marguerite Yourcenar, polo que María Barcala acadou o Premio Compostela á mellor interpretación feminina protagonista; Non se chora (1993), de Roberto Cossa; Casa de bonecas (1995), de Henrik Ibsen; A noite das tríbades (1996), a partir...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Tebas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Tebas.

    3. Ciclo composto por unha serie de mitos que os autores clásicos introduciron nos xéneros épico e tráxico. A orixe do ciclo remóntase a Cadmo, fundador de Tebas, e está formado por funestos sucesos acontecidos na casa real, aínda que o episodio máis representativo é o do rei tebano Edipo, fillo de Laio e Iocasta. Desde el, unha antiga maldición transmitirase aos seus descendentes, especialmente a Antígona. Destacan as obras de tres grandes autores tráxicos gregos: Edipo Rey (425? a C), Edipo en Colono e Antígona (442? a C), de Sófocles; Os sete contra Tebas (467 a C), de Esquilo; e As fenicias, de Eurípides. Na súa obra O nacemento da traxedia a partir do espírito da música (1872), Nietzsche considera a Edipo a figura máis desgraciada da traxedia grega. Este mito tamén foi adaptado ao mundo da música, como os temas “The End”, escrita por Jim Morrison, líder de The Doors, e “King of pain” de The Police. Na súa referencia á literatura tamén...

    4. Lexión romana que, convertida ao cristianismo, sufriu martirio no s III en Agaunum (Helvecia) e da que formaba parte san Mauricio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Tomiño. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas que existía no s XII. Consérvase a igrexa románica cunha soa nave e ábsida rectangulares. A nave cóbrese cunha falsa bóveda de madeira e a ábsida cunha bóveda de canón de cachotaría. No interior destacan os capiteis historiados do arco triunfal. De época románica destaca a portada abucinada con catro arquivoltas e tímpano liso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘piollo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que ten por oficio tecer ou facer tecidos para pezas de roupa.

    2. lagarteiro peneireiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tectibranquios.

    2. Gasterópodo da antiga orde dos tectibranquios.

    3. Antiga orde de gasterópodos, da subclase dos opistobranquios, coas branquias situadas no lado dereito da cavidade paleal e cunha cuncha, externa ou ben recuberta por manto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. O seu prometido, Tamiris, acusouna de cristiá e foi sometida a tormento, pero non morreu e seguiu a san Paulo. Encerrouse nunha cova en Miriamlik (Armenia) e cando ía ser ultraxada de novo, orou pedindo permanecer pura. A cova derrubouse e deixou o seu brazo ao descuberto, que foi trasladado a Armenia para darlle sepultura e rendirlle culto. Iconograficamente representouse como unha moza con longa cabeleira, vestida con túnica, palio e coroa real. Leva unha palma e un brazo que sostén na man dereita, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 23 de setembro, aínda que tras o Concilio Vaticano II eliminouse do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Irán e do ostān homónimo (6.758.845 h [1996]). Situada no altiplano iraniano, é unha encrucillada de comunicacións entre o Mediterráneo e Oriente. Ten industria téxtil (la e algodón), tabaco, montaxe de automóbiles, cemento, vidro, coiro e calzado e unha gran refinaría de petróleo. É o centro económico e cultural do país. A primeira noticia que aparece no Fars-Namí (s XII), fala dun arrabalde de al-Ravy (Rages). En 1220, coa caída das cidades veciñas a mans dos mongois comezou unha existencia autónoma. A época de gran desenvolvemento iniciouse durante a dinastía safávida e quedou consolidada ao ser constituída como capital de Persia polo qajarita Ā ḡ ā Mu ḥ ammad Khan en 1786. Destacan a mesquita Sipāhsalār (s XIX) e o palacio real de Gulistan, coñecido como trono dos pavos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (19.196 km2; 11.450.574 h [estim 2001]). A súa capital é Teherán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión celebrada en Teherán, do 28 de novembro ao 1 de decembro de 1943, entre os representantes dos países aliados (Churchill, Stalin e F. D. Roosevelt) durante a Segunda Guerra Mundial. Nela decidiuse para 1944 o Desembarco de Normandie e outro posterior no Mediterráneo. Tamén se iniciaron os preparativos para a ocupación e desintegración de Alemaña e o establecemento das fronteiras polacas. Abordouse a organización da futura ONU e a proposición de Roosevelt de confiar os papeis de policía internacional aos países reunidos e a China. Stalin confirmou a súa intención de unirse ao ataque a Xapón, despois de que Alemaña resultase vencida. Por último, garantizouse a independencia de Irán despois da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo de México, situado na costa S do istmo homónimo, entre os estados de Oaxaca e Chiapas. Esténdese desde Puerto Ángel ata a fronteira con Guatemala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Istmo de México, que serve de unión entre América Central e Setentrional. Situado entre o golfo homónimo, ao S, e o de Campeche, ao N, ten unha anchura mínima de 210 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Foi un innovador no campo das operacións, da difusión das novas metodoloxías biomédicas e da divulgación médica. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1893-1896 e 1898-1900), militou no Partido Liberal e foi senador pola Universidade de Santiago de Compostela (1886-1899). Foi membro e presidente (1870-1871) da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Escribiu La terapéutica que se impone (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico militar e compositor. Autor de numerosas composicións para instrumentos de pulso e puga, das súas pezas musicais destacan a zarzuela Amor na cume, estreada en 1925 no Círculo de las Artes de Lugo, e a rapsodia Unha festa na aldea, en que trata temas populares galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e docente. Catedrático de Instituto de Lingua e Literatura Española, foi director do Instituto Femenino de Ferrol (1975-1982) e presidente do Ateneo de Ferrol (1980-1982). Foi deputado do PSOE pola Coruña, representante español na Asemblea Parlamentaria da OTAN, director dos Servicios de Alta Inspección do Estado do Ministerio de Educación en Galicia e secretario xeral do PSOE de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bóveda baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor flamengo. Fundador do Instituto Superior de Arte Dramática, que co tempo adoptou o seu nome, comezou a súa produción cun poemario, Verzen (1900). Escribiu dramas teatrais, como De vertraagde film (O filme retardado, 1922); e novelas, como María Speermalie (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Adestrador de balonmán. Coñecido como Fran Teixeira, iniciou a súa andaina no S.A. Ceuti (1981-1982), no Santa Cristina (1982-1983), no B. M. Lalín (1983-1985) e no Círculo Mercantil de Vigo (1985-1989). Posteriormente adestrou os equipos S. D. Teucro (1989-1996), B. M. Chapela (1996-1999) e Pilotes Posada Octavio (1999-2002). Desde 2003 adestrou o Sporting Clube de Portugal. Recibiu o Premio de Mellor Adestrador Galego (1996, 1999 e 2000) e a Medalla de Oro al Mérito da Real Federación Española de Balonmano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco José Teixeira Lloret.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Politicólogo e sociólogo. Foi xefe do Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia, do Gabinete Técnico da presidencia da Xunta Preautonómica, do Gabinete da Presidencia do Parlamento, e dos Servizos Técnicos do Parlamento de Galicia, e deputado autonómico (1981-1985). Publicou Autonomías e Constitución: notas para un debate estatutario galego (1978) e O Parlamento de Galicia (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO