"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e escritor. Foi abade de Fleury e arcebispo de Orléans (798 -821?). Protexido polos emperadores Carlomagno e Luís I, foi acusado despois de ter participado no complot do Rei Bernaldo de Italia contra Luís I. Na prisión compuxo o Gloria Laus, que entrou na liturxia do día de Ramos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor bizantino. Coñecido como o Grego, traballou en Constantinopla, Crimea e Rusia. Decorou a igrexa e pintou iconas en Novgorod (igrexas da Transfiguración e de San Teodoro), en Nižnij Novgorod e en Moscova, onde decorou a catedral da Anunciación xunto con Andrej Rubl’ov.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aparición ou manifestación sensible da divindade. Reserva o nome para as manifestacións sorprendentes ou extraordinarias.
-
Nome grego da festa da Epifanía. OBS: Nesta acepción adóitase escribir en maiúscula.
-
-
PERSOEIRO
Emperatriz de Oriente. En 956 casou con Román II, co que tivo catro fillos: Basilio (Basilio II de Bizancio), Constantino (Constantino VIII), Teófano e Ana. Rexente á morte do seu home en 963, o mesmo ano esposou e asociou ao trono ao xeneral Nicéforo II, quen, en 969, foi asasinado, de acordo co seu amante armenio, o criado Xoán Tzimiszes (Xoán I de Bizancio) co que casou. Este, non obstante ao abeiro do trono, relegouna a un mosteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de propaganda deísta, na liña de Voltaire e de Rousseau, que quería substituír o catolicismo por unha doutrina fundamentada na afirmación racionalista de Deus. Foi fundado o 25 de decembro de 1796 e prohibido en 1802.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Coñecido como o penitente, foi ecónomo da igrexa de Adana (Cilicia). Deposto polo bispo, vendeu a súa alma ao demo e despois, arrepentido, acudiu á Virxe para que lla devolvese. A súa festividade celébrase o 4 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Alexandría (385-412). Propugnou sen escrúpulos o predominio da sé alexandrina en Oriente e foi un adversario violento dos pagáns e dos oroxenistas. Acusou a Xoán Crisóstomo de selo e, en 403, conseguiu que fose deposto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Antioquía. O seu pensamento está no inicio da teoloxía trinitaria e cristolóxica. Consérvanse os tres libros Ad autolycum, de carácter apoloxético. A súa festividade celébrase o 13 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de delirio de quen se cre inspirado e posuído pola divindade.
-
PERSOEIRO
Comentarista grego do período alexandrino. Crese que foi o último científico encargado do Museo de Alexandría. Escribiu uns comentarios á obra de Ptolomeo e unha edición comentada dos Elementos e da Óptica de Euclides.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade do estado de México, situada 48 km ao NL da capital do estado. Importante centro relixioso (250 a C-650), foi a metrópole da cultura prehispánica en México. Ao longo da avenida dos Mortos consérvanse, entre outros monumentos, as pirámides do Sol e da Lúa, o templo de Quetzalcóatl e o palacio de Quetzalpalaóatl. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).
-
-
Relativo ou pertencente aos tepanecas.
-
Individuo do pobo tepaneca.
-
Pobo amerindio precolombino, do grupo nahua, que vivía preto do lago Texcoco (México).
-
-
PERSOEIRO
Xeógrafo. Catedrático na Universidad de Madrid (1951-1975), foi un dos introdutores da xeografía moderna e da xeografía rexionalista francesa en España. Publicou Geografía de España y Portugal (1958) e Geografía regional de España (1968), e dirixiu a revista Estudios Geográficos (1975-1984), do CSIC. Foi membro da Real Academia de la Historia e da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rexemento voluntario de infantaría de liña creado en Bos Aires o 17 de setembro de 1806 por Pedro Antonio Cerviño Núñez, director da Escuela Náutica, para defender a cidade dun ataque británico similar ao acontecido meses antes. Constaba de 600 homes distribuídos en 8 compañías de fusileiros de liña e unha de granadeiros lixeiros, 10 tambores, 1 pito ou pífano militar e, completando a fanfarra musical, as gaitas tomadas como trofeo de guerra ao 71º rexemento de Highlanders de Escocia. Tivo dúas bandeiras de seda branca: unha coronela coas Armas Reais nun lado e a cruz encarnada do Apóstolo Santiago, o seu patrón, no outro; e unha batallona co escudo do Reino de Galicia por un lado e o escudo de Bos Aires polo outro. Foi destinado á Banda Oriental de Uruguay, unha vez ocupada esta a comezos de 1807, pero non entrou en combate pola inmediata caída de Montevideo. O 2 de xullo de 1807 enfrontouse nos Corrales de Miserere ás tropas do xeneral J. Whitelocke e, despois da xornada do 5...
-
-
Aplícase a certos moluscos que furan a rocha, a madeira, ou outros materiais.
-
Aplícase á dor que produce unha sensación como se perforase a zona dorida.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos terebrantes.
-
Insecto da suborde dos terebrantes.
-
Suborde de insectos pterigotos, hemimetábolos, da orde dos tisanópteros, co décimo segmento abdominal dividido ventralmente, alomenos unha vea que chega ao ápice das ás e pola presenza dun oviscapto nas femias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Malaisia (12.955 km2; 898.825 h [1991]). A súa capital é Kuala Terengganu.
-
-
Relativo ou pertencente ás teresianas.
-
Membro da congregación relixiosa feminina fundada en Tarragona en 1876 por Enrique de Ossó. En 1878 fundouse o primeiro colexio en Vilallonga del Camp e foi aprobada definitivamente por Roma en 1908. Adícanse ao ensino e ás misións, e crearon a editorial Jesús Maestro, de textos de ensino e piadosos.
-
-
-
Relativo ou pertencente a santa Tareixa de Xesús ou ás ordes relixiosas fundadas baixo a súa advocación.
-
Membro dunha orde teresiana.
-
-
PERSOEIRO
Psicólogo estadounidense. Estudou a psicoloxía diferencial e a intelixencia do infante superdotado, e das súas obras destacan The Measurement of Intelligence (1916) e Genetic Studies of Genius (1926-1959).
VER O DETALLE DO TERMO