Teotihuacán
Teotihuacán
Antiga cidade do estado de México, situada 48 km ao NL da capital do estado. Importante centro relixioso (250 a C-650), foi a metrópole da cultura prehispánica en México. Ao longo da avenida dos Mortos consérvanse, entre outros monumentos, as pirámides do Sol e da Lúa, o templo de Quetzalcóatl e o palacio de Quetzalpalaóatl. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).