teosofía
(
-
s
f
[FILOS/RELIX]
Conxunto de doutrinas filosóficas e relixiosas do Renacemento (filosofía natural de Paracelso e mística de Böhme) e do Romanticismo (F. X. von Baader e o último Schelling) que afirman que o coñecemento de Deus e das forzas espirituais, ocultas ao mundo, é independente da revelación, o que comporta un panteísmo místico naturalista ou místico racionalista que non parece compatible coa fe.
-
s
f
[RELIX]
Movemento relixioso estóterico fundado en Nova York por Jelena P. Blavatskij. Trasladouse a India en 1879 e constituíuse como entidade social (Sociedade Teosófica) en Madras en 1905. Tivo unha grande actividade social e política baixo o impulso de Anne Besant, que o converten nun dos centros da defensa dos indios e un foco da súa independencia. Afirma que todas as relixións conservan residuos parciais dunha única verdade coñecida só por uns poucos iniciados. Fundamentalmente sincrética, predominan os elementos hinduístas inseridos de elementos do evolucionismo, o humanitarismo ou o monismo filosófico.