"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esporanxio en que se producen catro tetrásporas haploides.
-
GALICIA
Escritor e historiador. Colaborou con numerosas publicacións periódicas e escribiu poemas históricos, como a colección de poesías Enredadas (1902), o poema descritivo O castro de Cañás (1903), a lenda histórica Diego de Samboulo (1903), en prosa e verso; e o romance curto Boicentril. O druísmo e o celtismo gallegos. A epopeya irlandesa (1912); ademais de traballos históricos, como Apuntes para la historia comercial de La Coruña (1900), La revolución gallega de 1846 (1908), Batallón Literario de Santiago. Diario de campaña (1808 al 1812) (1908), Los mártires de Carral (1912) e La torre del homenaje del castillo de Villalba (1912). Foi membro numerario da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Tetuán, Marrocos, (277.516 h [estim 1994]). Situada na chaira litoral e ao pé da cordilleira do Rif, ten industrias de fertilizantes, téxtiles, alimentarias e de tabaco. Islamizada no s VIII por Mūsà ibn Nu ṣ ayr, ao final do s IX foi destruída. Baixo o imperio benimerín de Granada converteuse en foco de pirataría, ata que, en 1401 Enrique III de Castela a destruíu. Reconstruída novamente a finais do s XV, foi un centro importante da emigración peninsular desde 1492. O intento de anexión por parte do goberno español, baixo o mando de O’Donnell en 1860, non se acadou ata 1913. A cidade converteuse en capital do protectorado español de Marrocos ata a independencia, en 1956. A súa medina foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (6.025 km2; 537.000 h [estim 1994]). A súa capital é Tetuán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate disputado preto de Tetuán o 4 de febreiro de 1860 entre o exército expedicionario español, comandado polo xeneral Leopoldo O’Donnell, e as tropas marroquís, durante a Guerra de África. A vitoria española permitiu a ocupación da cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leopoldo O’Donnell Jorrís.
-
-
Relativo ou pertencente a Tetuán ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tetuán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liga Hanseática.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Texas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Texas.
-
-
Aplícase aos pantalóns de tea de algodón grosa (ou tamén de fibra), xeralmente de cor azul, e con petos aplicados na parte posterior.
-
-
PERSOEIRO
Político alemán. Foi secretario xeral do partido comunista (1925), deputado no Reichstag e candidato á presidencia da República de Weimar en 1925 e 1933. A súa oposición á alianza cos socialdemócratas facilitou o triunfo de Adolfo Hitler. Detido polos nazis, foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Mahārā ṣ h ṭ ra, India, ao NL de Bombai (803.809 h [1991]). Ten industrias téxtiles e de alimentación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xefe de vila ou posuidor de terras reais baixo os reis anglosaxóns de Inglaterra, con facultades militares e de goberno.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Vietnam, situada á beira do río Ma, a 20 km da costa do golfo de Tonquín (103.981 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Vietnam (11.168 km2; 3.311.900 h [1989]). A súa capital é Thanh Hoa.
-
CIDADES
Cidade de Vietnam, que forma unha provincia propia (2.090 km2; 4.322.300 h [estim 1993]). Fundada durante a dominación khmer da Cochinchina, en 1696 foi ocupada pola dinastía Nguyen e converteuse na sede do seu goberno. En 1788 foi fortificada por Nguyen Anh coa axuda dos franceses e traduciu o seu nome khmer de Prei Kor polo vietnamita de Saigón. En 1859 Saigón foi fortificada e converteuse na principal base francesa de Cochinchina. Controlada polos xaponeses durante a Segunda Guerra Mundial, foi declarada ao fin da Guerra de Indochina (1946-1954) capital da República de Vietnam. En 1975 ocupárona as forzas nacionalistas e comunistas que reunificaron o Vietnam. Do seu patrimonio cultural destacan o antigo palacio presidencial, o parque Tao Dan e o pagode Xa Loi.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada no delta do Cauvery (200.216 h [1991]). É un gran centro hindú e bispado católico. En 1674 a cidade foi erixida en reino, e en 1855 pasou a dominio británico. Destaca o templo de Brihadisvara (1003-1009).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festa nacional de EE UU celebrada o derradeiro xoves de novembro. Instituída en 1621 polos Pilgrim Fathers en acción de grazas a Deus pola primeira colleita en Plymouth, foi fixada por Lincoln en 1863.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Salween.
-
PERSOEIRO
Político birmano. Desenvolveu diversas actividades no campo da política cultural en Birmania (1957-19619), foi delegado da ONU e colaborou en misións pacificadoras. Foi secretario xeral da ONU á morte de D. H. Hammarskjöld en 1961 e entre 1962 e 1971. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1972.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e pintor, fillo de El Greco. En Toledo, colaborou na construción da casa do concello, con N. Vergara e J. B. Monegro, e interveu na capela mozárabe da catedral. Como pintor traballou co seu pai en diversas obras. Das súas obras destaca Noli me tangere (1651?).
VER O DETALLE DO TERMO