Thanjāvūr ou Tanjore
Thanjāvūr ou Tanjore
Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada no delta do Cauvery (200.216 h [1991]). É un gran centro hindú e bispado católico. En 1674 a cidade foi erixida en reino, e en 1855 pasou a dominio británico. Destaca o templo de Brihadisvara (1003-1009).