"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Vietnam (2.339 km2; 1.622.000 h [estim 1993]). A súa capital é My Tho.
-
PERSOEIRO
Político, sociólogo e xurista. Alcalde de Madrid (1979-1986) e catedrático de dereito político, foi expulsado (1965) da universidade pola súa oposición ao franquismo, polo que entre 1966 e 1967 exerceu en Princeton. En 1968 fundou o Partido Socialista del Interior que, xunto co Partido Comunista Español e o Partido Carlista, formaron a Junta Democrática de España. Resposto na súa cátedra desde 1975, foi deputado polo PSP (1977) e acabou integrando o seu partido no PSOE, do que foi elixido presidente honorario (1978). Autor do preámbulo da Constitución Española de 1978, publicou Sociología y situación (1954), Humanismo y sociedad (1964), Leyes políticas españolas fundamentales: 1808-1936 (1975), Democracia, socialismo y libertad (1977) e as súas memorias, Cabos sueltos (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Terrantona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Firma internacional especializada en xoiaría. Fundada en 1837 polo ourive e vidreiro estadounidense Charles Lewis Tiffany (1812-1902), como unha manufactura de prataría e vidraría con sede en Nova York, acadou sona mundial. Creou sobre todo obras en estilo modernista e especializouse na produción e o comercio de obxectos de ouro, prata e pedras preciosas. Foi o primeiro en adoptar (1878) en Occidente o uso do mokume, metal só utilizado en Xapón, composto de ouro, prata, estaño e cobre mesturados co fin de producir un xogo de vetas.
-
PERSOEIRO
Rei arsácida de Armenia (95-94). Xenro e aliado de Mitridates VI de Ponto, conquistou Capadocia, Mesopotamia, Migdonia e Osroena, e fixo tributarios os reis de Albania, de Atropatene, de Siria e de Cilicia. Non puidendo resistir a Licinio Luculo, refuxiouse na corte de Mitridates VI. Foi vencido por Cneo Pompeo Magno en Artaxata. A paz e o trono de Armenia fóronlle devoltos a cambio da renuncia a Siria e Asia Menor.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Mamífero carnívoro, de ata 3 m de lonxitude total, que presenta a pel avermellada, excepto a da parte interna das patas e as partes inferiores e frontais do corpo, que son brancas, todas atravesadas por franxas anchas e escuras. Son animais de vida solitaria, os machos e as femias só se xuntan durante a época de reprodución e cazan os dous. A femia pare unha camada de un a seis cachorros que permanecen xunto á nai ata o segundo ano de idade. Teñen unha dieta variada, comen cervos, gando vacún, ras, peixes ou prea. De orixe asiática, é un formidable depredador que ocupa hábitats moi diversos, desde Siberia ata Insulindia. É o representante máis grande da familia dos félidos. A especie divídese en cinco subespecies, o tigre indochino (P.t. corbetti), o tigre de Sumatra (P.t. sumatrae), o tigre de Java (P.t. sondaica), o tigre de Siberia ou tigre siberiano (P.t. altaica) e o tigre de Bengala ou tigre indio (P.t....
-
Mamífero carnívoro que mide 35 cm ata a cruz e 75 cm de lonxitude, máis 40 cm de cola. É de cor café claro a un gris terroso claro e presenta manchas ovais e raias de color café escuro ou negro. Aliméntase de roedores, pequenos primates, réptiles, insectos e aves. É un animal solitario de costumes nocturnas, moi bo agatuñador e moi áxil nas árbores. Habita altiplanos de densa vexetación, desde Costa Rica ata o N de Arxentina.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Baixa California Norte, México, situada a 5 km da desembocadura do río de Las Palmas no Pacífico (1.210.820 h [2000]). Por razón da súa proximidade á fronteira con EE UU, entra unha gran cantidade de poboación flotante norteamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político ucraíno. Primeiro vicepresidente do consello de ministros da URSS (1976-80) e membro do Politburó (1979-85), en 1980 sucedeu a A. N. Kosygin como xefe do goberno e colaborador de Brežnev. En 1985, unha vez instalado no poder M. Gorbačov, dimitiu por razóns de saúde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cantor romántico da revolución, as súas baladas Orda (1920-1921) e Braga (Néctar, 1921-1922) tiveron unha gran popularidade. A novela Vojna (A guerra, 1931) representa unha aposta máis decidida polo realismo socialista. Combinou a poesía coa prosa e foi un autor moi premiado, con obras como Kirov s nami (Kirov connosco, 1941, Premio Stalin 1942), Gruzinskaja vespa (Primavera xeorxiana, 1948, Premio Stalin 1949) e Šest’kolon (Seis columnas, 1969, Premio Lenin 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo evanxélico e filósofo alemán. Considerou que a cuestión relixiosa xorde en relación cos problemas da concreta situación humana, á que as afirmacións teolóxicas dan respostas prácticas (método de correlación). Das súas obras destacan Religion und Kultur (Relixión e cultura, 1925), Die sozialistische, Entscheldung (A decisión socialista, 1933), Systematic Theology (Teoloxía sistemática, 1951-1957) e The Eternal Now (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zona volcánica da illa de Lanzarote, situada na provincia de Las Palmas, Canarias. Constituída por 5.107 ha, foi declarada Parque Nacional en 1974. Comprende os termos municipais de Yaiza e Tinajo, en lugares onde foron habituais as erupcións volcánicas durante os ss XVII e XVIII. A zona inferior do parque, formada por lava solidificada, presenta unha superficie maioritariamente plana. O parque está atravesado pola Ruta de los Volcanes, camiño de 14 km que se inicia no denominado Islote de Hilario e que culmina nunha zona de cráteres. A vexetación pouco abundante está constituída fundamentalmente por toxos. A fauna tamén é escasa, con dominio dos réptiles, sobre todo o lagarto.
-
PERSOEIRO
Pintor grego. Na tradición literaria romana acadou unha gran popularidade o seu Sacrificio de Ifixenia. Atribuíronselle as pinturas Cíclope durmindo e a Occisión de Palamedes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elevación situada ao NL da chaira de Europa Oriental, que se estende desde a baía de Češskaja, no mar de Barents, ao NO, ata o nacemento do río Vyčegda, ao SL. A parte setentrional está na zona de tundra e a meridional na taiga poboada de abetos e de piñeiros. Posúe xacementos de petróleo e gas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao psicofármaco antidepresivo de acción estimulante sobre o humor.
-
PERSOEIRO
Militar ruso. Mariscal e comisario de defensa en 1940, foi derrotado polos alemáns en Minsk e en Biatystock (1941) e dirixiu sen éxito unha ofensiva en Kharkov en 1942. Desde 1945 ata 1947 foi conselleiro militar dos comunistas chineses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Discípulo e colaborador do apóstolo Paulo. Fillo de pai pagán e de nai xudeocristiá (Eunice), converteuno san Paulo. A tradición identificouno co xefe (bispo ou presbítero) da igrexa de Éfeso, destinatario de dúas epístolas neotestamentarias. Represéntase vestido de pontifical (bispo) ou con túnica e palio como os personaxes bíblicos; cun ídolo aos pés, en representación de Diana, un bastón nodoso na man, e pedras recollidas no manto; e leva, como atributos persoais, un rolo na man que alude á carta que lle mandou san Paulo. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao tímpano do oído.
-
Aplícase ao ruído característico que producen as cavidades corporais cheas de gases cando repercuten.
-
-
-
Distensión dalgunha cavidade do corpo que se produce por gases, especialmente ao do abdome.
-
Sonoridade particular que presentan normalmente algunhas partes do corpo que son percutidas, como o hipocondrio esquerdo, a causa dos gases do aparato dixestivo. Patoloxicamente pode aparecer noutros lugares, por exemplo no caso do pneumotórax.
-
-
-
timpanismo.
-
mirinxite.
-
Inflamación que se produce no oído medio.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao timpanismo.
-
Que ou quen sofre timpanismo.
-