"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Trabada baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cospeito baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na serra de Pedroso (1.649 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Instalado en Bretoña (A Pastoriza), creou o Museo Pedagóxico-Etnográfico Villapol. Das súas obras destacan a Homenaxe a un bretón desaparecido (Bretoña) e Contemplade (A Fonsagrada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés, conde de Villèle. Membro da sociedade secreta dos Cabaleiros da Fe (1813), foi ministro sen carteira (1820-1821) e de Facenda (1821) do goberno de Richelieu. Presidente do Consello de Ministros (1822), realizou unha política conservadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Andhra Pradesh, India (752.037 h [1991]). Situada na costa de Cholamandala, no golfo de Bengala, é un centro portuario e industrial con refinarías de petróleo e estaleiros. Ata 1949 foi coñecida como Vizagapatam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Militante do Partido Comunista, ingresou no Viet-minh e organizou os primeiros grupos de guerrilleiros e en 1946 tomou a dirección das forzas nacionalistas contra os franceses. Vencedor en Diên Biên Phu (1954), foi ministro de Defensa da República Democrática de Vietnam ata 1980 e dirixiu a loita contra as forzas survietnamitas e estadounidenses ata a vitoria de 1975. Foi viceprimeiro ministro do Vietnam reunificado (1976-1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua artificial creada en 1880 por Johann Martin Schleyer. Baseada sobre todo no inglés e no alemán, está composta por oito vogais e 20 consoantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador, comerciante e editor. Coñecido como Vrints, Vrintius e Vrientius, estableceuse en Anveres, onde adquiriu (1601) os materiais e os dereitos de publicación de Theatrum Orbis Terrarum.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Raíz tuberosa da liana tropical Exogonium purga, da familia das convolvuláceas.

    2. Droga de efectos purgantes que se extrae da xalapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite de Saturno, descuberto en 1671 por J. O. Cassini, cun diámetro duns 1.440 km e un raio orbital de 79,33 días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de Asia Oriental, situado ao N do Océano Pacífico, que se estende en dirección NL-SO e comprende 3.400 illas, as máis importantes (Hokkaidō, Honshū, Shikoku e Kyūshū) ocupan o 97% do territorio (377.824 km2; 127.435.000 (estim 2002). A capital é Toquio.

    Xeografía física

    A morfoloxía das illas é complexa a causa dos sucesivos dobramentos e dislocacións e da intensa actividade volcánica. Están flanqueadas por profundas fosas mariñas (Tuscarora, 10.374 m). As montañas ocupan 3/4 partes do territorio. Unha serra atravesa as illas en sentido lonxitudinal e outra esténdese en dirección NL-SO por Honshū central, ambas as dúas están afectadas perpendicularmente pola Gran Fosa. Os movementos sísmicos e as erupcións son intensas. As chairas, pouco extensas, son litorais e están formadas pola regresión do mar e a sedimentación aluvial. Os factores que inflúen sobre o clima son os monzóns e as correntes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Pacífico comprendido entre o arquipélago xaponés e as costas orientais do continente asiático. Únese ao mar da China Oriental polo estreito de Corea, ao Pacífico polo estreito de Tsugaru e ao Mar Interior polo estreito de Shimonoseki. Ao N, os estreitos de La Pérouse e de Tartaria sepárano do Mar de Okhotsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Xapón, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Xapón.

    3. Lingua aglutinante illada de orixe descoñecida que algúns autores inclúen dentro das linguas altaicas e outros supoñen que provén dun antepasado común das linguas altaicas e das austronesias. Fálase en Xapón e en sectores das illas Hawaii, de California e de Brasil. Ten unha gran variedade dialectal e o dialecto de Toquio é o que se considera idioma oficial. O xaponés moderno é o resultado dun compromiso entre a lingua escrita antiga e a lingua falada moderna. Escríbese en columnas verticais de dereita a esquerda e é o tránsito dunha mestura de caracteres chinos e kana (signo silábico da escritura xaponesa). É unha lingua rica en vogais onde as palabras indíxenas rematan sempre en sílaba aberta e incluso os préstamos estranxeiros se presentan baixo esta forma, a non ser que teñan un n final, que é posible conservar en xaponés. Morfoloxicamente pódense distinguir dúas grandes categorías de palabras, variables e invariables, entre as que figuran os nomes. A sintaxe ofrece...

    4. Arte desenvolvida en Xapón. Ten carácter relixioso e civil e concede moita importancia ao baleiro. A arquitectura, arquitrabada, empregou a madeira, ao igual que a escultura, de ornamentación contida, que tamén usou metais, marfil e laca. Foi común o emprego da acuarela e a augada sobre papel ou seda en forma de rolos despregables. Un primeiro período, o Iomon (s VI a C-600 d C), caracterizouse por pequenas figuras esquemáticas de terracota e o metal introduciuse no momento da cerámica Yayoi (s III? a C). O período Nara (600-794) tivo influencias da arte chinesa da dinastía T’ang (pagode de Yakushiji e mosteiro de Hōryūji) e o Heian (794-1184) representou a asimilación das influencias budistas chinesas (mosteiro de Kasuga, en Nara). En pintura apareceu a escola yamato-e e na escultura o yosegui, ou técnica do encadeado de diversas pezas de madeira. Do período Kamakura (1184-1392) son o mosteiro de Shariden, en Kamakura, as pinturas de Enichi-bo e a escultura...

    5. Produción cinematográfica realizada en Xapón. O éxito máis destacado do cine mudo xaponés foi Nani ga kanojo o so Saseta (1930), de Shigeyoshi. A época florecente iniciouse co éxito, en Venecia, de Rasho-mon (1950), de Akira Kurosawa, que continuou en 1951 con Saikaku ichidai Onna, de Kenji Mizoguchi, e en 1953 con Ugetsu Monogatari, do propio Mizoguchi. Tamén destacaron K. Ichikawa, M. Kobayashi, T. Imai, Y. Ozu, S. Hisamatsu e S. Yamamoto. A crise industrial orixinada pola televisión provocou que os grandes produtores abrisen os seus mercados aos temas da xuventude, dirixidos por novos cineastas. Nese momento naceu o novo cine xaponés, controlado política e economicamente, que chegou ao seu punto álxido coas creacións dalgúns dos seus mellores realizadores, como S. Imamura, Y. Masumura, N. Oshima, H. Teshigahara e Y. Yoshida. No terreo creativo, o gran cineasta de todos os tempos foi Kurosawa, quen dirixiu Ran (1986) e foi premiado cun Oscar honorífico en 1990. Outros que consolidaron...

    6. Literatura desenvolvida en Xapón. Despois das cancións e dos poemas da primeira época arcaica de Yamoto (400-710), comezou un período de crecemento da literatura en Xapón, moi influenciada pola chinesa (período Nara, 710-794). As dúas primeiras obras escritas foron as crónicas históricas Kojiki (Memorias dos acontementos da humanidade, 712) e Nigonhi (Anais do Xapón, 720), ademais de poesías dunha gran perfección, das que 4.500 están recollidas na Manyōshū (Colección das mil follas, 760), a maior antoloxía xaponesa. O período de Heian (794-1185) é a época clásica xaponesa, e a antoloxía máis coñecida é Kokinshū (Colección de poesías antigas e modernas, 905). Nesta época escribíronse por vez primeira textos en prosa en lingua xaponesa (ata ese momento facíase en chinés), como Taketori Monogatari (Historia dun leñador), e cara ao ano 1000 a prosa xaponesa xa conseguira unha calidade apreciable, como Ise Monogatari, Tosa...

    7. Arte musical cultivada en Xapón. A teoría musical xaponesa e moitos dos seus instrumentos proceden da música chinesa. Os instrumentos principais son o biwa, de catro cordas, o shamisen, semellante á guitarra, o koto, cítara de trece cordas, e o shakuhachi, frauta do s XIV. A maioría dos xéneros antigos aínda sobreviven: as danzas bugaku, o drama musical No (s XIV), os kouta, poemas cantados do s XVI, e os naga-uta (s XVII). Da escola moderna xaponesa destacan Yoritsune Matsudaira (1907), Toshiro Mayuzumi (1929), Kazuo Fukushima (1930) e Toru Takemitsu (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e mártir. Dirixiu a educación de Emerico, fillo de santo Estevo I de Hungría. Foi bispo de Csanad (1036). Morreu lapidado, lanceado, encerrado nun barril cheo de cravos e precipitado desde un outeiro ata o Danubio. Represéntase como un bispo cunha lanza que lle atravesa o corazón. A súa festividade celébrase o 24 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano e inquisidor. Reprimiu a herexía husita en Alemaña, Bohemia e Hungría, e perseguiu duramente os xudeus de Europa Central. Predicou a cruzada contra os turcos e conseguiu a liberación de Belgrado (1456). A súa festividade celébrase o 25 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO