"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

    1. de despoboar ou despoboarse.

    2. Lugar que non está poboado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de despoboar ou despoboarse.

    2. Diminución da poboación dun territorio concreto, que pode deberse a un desprazamento emigratorio cara a outros lugares ou a un incremento maior das defuncións respecto aos nacementos, con implicacións negativas directas no desenvolvemento económico desa área.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixar un lugar sen poboación ou con moita menos da que tiña.

      2. Deixar un terreo sen árbores ou arbustos.

      1. Reducirse a poboación dun lugar ou quedar sen habitantes.

      2. Quedar un terreo sen árbores ou sen arbustos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, tradutor e filólogo. Foi o autor dos volumes de poesía Margitszigeti elégia (Elexía da illa de Santa Margarida, 1945) e Jövendö tükre (Espello do futuro, 1954). Así mesmo, destacan as súas versións da Ilíada e da Odisea, o drama en verso Odüsszeusz szerelmei (Os amores de Ulises, 1961) e varios ensaios sobre a antigüidade grecorromana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao diabo.

    2. Que actúa con instinto perverso.

    3. Que presenta gran complicación ou dificultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoguete formado por un carrete, normalmente de madeira, que se fai rodar, se lanza ao aire e se recolle cunha corda, unida polos seus extremos a dous paos que se manexan coas mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación na Idade Media do triton, intervalo que contraviña as regras da melodía e mais da harmonía da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, ilustrador, cartelista, escenógrafo, muralista, decorador, poeta e escritor. Irmán de Dolores, Indalecio e Ramiro Díaz Baliño e pai de Isaac Díaz Pardo, viviu na Coruña e en 1905, pensionado pola Deputación da Coruña, trasladouse a Madrid, pero ao non chegar a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 fixo unha nova viaxe a Madrid e, contratado polo ministerio de Gracia e Xustiza, estudiou escenografía. Traballou coa compañía lírica de Vives, Lleó y Güell e viaxou por España e Europa. En 1909 presentouse á Exposición Regional de Santiago de Compostela cuns bosquexos escenográficos cos que acadou a Medalla de Ouro. Foi delineante interino de obras provinciais da Deputación da Coruña (1910-1920). En 1916 iniciou a súa relación profesional con Isaac Fraga e en 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano. Vicedirector do xornal El Eco Franciscano e director da revista Ciencia y Virtud. Director das escolas franciscanas de Afonso XIII en Tánxer, publicou, entre outras obras, Compendio de la geografía físico-política de Marruecos (1912) e Historia de Tánger durante la dominación portuguesa (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao composto que contén dous grupos carbonilo na molécula. O seu comportamento depende da posición relativa dos carbonilos na cadea. Así, os compostos α- ou 1,2-dicarbonílicos forman derivados cíclicos, producen reaccións de ruptura do enlace OC-CO e a dismutación intramolecular dos carbonilos. Os compostos β- ou 1,3-dicarbonílicos presentan tautomería cetoenólica e experimentan un conxunto de reaccións específicas como consecuencia da activación do grupo metileno intermedio, por acción dos carbonilos veciños. Contrariamente, os compostos γ- ou 1,4-dicarbonílicos presentan practicamente só as reaccións propias dos grupos carbonilos illados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao composto que contén dous grupos carboxilo na molécula.

    2. Ácido que posúe dúas funcións carboxílicas na molécula. Cando os dous grupos carboxílicos están suficientemente próximos, o efecto indutivo que se exerce fai que a forza dun ácido dicarboxílico sexa máis grande da que cabería esperar da suma das dúas funcións carboxilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crego. Cursou estudios nos seminarios menor e maior de Santiago de Compostela. Foi ordenado sacerdote o 13 de agosto de 1961. Ampliou os seus estudios eclesiásticos na Universidad Pontificia de Salamanca. Licenciouse en Ciencias Exactas pola Universidade de Santiago de Compostela. Principiou o seu labor apostólico como coadxutor na parroquia urbana de San Xosé da Coruña. Despois incorporouse ao profesorado do seminario menor de Santiago. Foi nomeado pro-vicario xeral da arquidiocese compostelá e, en 1983, cóengo da SAMI Catedral de Santiago. O 1 de setembro de 1984 foi nomeado bispo de Osma-Soria. O 14 de maio de 1987 publicouse a súa designación como bispo de Ourense, diocese da que tomou posesión solemne o 27 de xuño seguinte. O 7 de xuño de 1996 converteuse en bispo de Tui-Vigo. Tomou posesión da diocese na catedral de Tui, o 14 de xullo de 1996, e o 19 de xullo fixo a súa entrada na concatedral de Santa María de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé métrico que consta de dous versos iambos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de coleópteros, da familia dos escarabeidos, que na fase de eiruga supón unha praga para os cultivos de cereal ao afectarlles á raíz e reducir os rendementos de produción da semente, ou mesmo matar as plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (3.610 km2; 141.968 h [1988]). A capital é Dimbokro (31.073 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de tenias ao que pertence a especie D. latum, que para completar o seu ciclo vital ten como hospedeiros: primeiro os copépodos, logo os peixes e, por último, os depredadores destes, entre os que está o home -ó que lle afecta cando inxire os peixes crus, mal cociñados ou afumados-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atleta que lanza discos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultura clásica grega realizada por Mirón no s V a C en bronce. Representa o atleta no momento de iniciar o lanzamento do disco despois de abalalo cara a atrás. Coñécese polas copias romanas feitas en mármore.

    VER O DETALLE DO TERMO