Diéguez Reboredo, Xosé

Diéguez Reboredo, Xosé

Crego. Cursou estudios nos seminarios menor e maior de Santiago de Compostela. Foi ordenado sacerdote o 13 de agosto de 1961. Ampliou os seus estudios eclesiásticos na Universidad Pontificia de Salamanca. Licenciouse en Ciencias Exactas pola Universidade de Santiago de Compostela. Principiou o seu labor apostólico como coadxutor na parroquia urbana de San Xosé da Coruña. Despois incorporouse ao profesorado do seminario menor de Santiago. Foi nomeado pro-vicario xeral da arquidiocese compostelá e, en 1983, cóengo da SAMI Catedral de Santiago. O 1 de setembro de 1984 foi nomeado bispo de Osma-Soria. O 14 de maio de 1987 publicouse a súa designación como bispo de Ourense, diocese da que tomou posesión solemne o 27 de xuño seguinte. O 7 de xuño de 1996 converteuse en bispo de Tui-Vigo. Tomou posesión da diocese na catedral de Tui, o 14 de xullo de 1996, e o 19 de xullo fixo a súa entrada na concatedral de Santa María de Vigo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Enquerentes, Touro