"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prensa, especialmente manual, que se emprega para estampar grabados de metal ou láminas artísticas.
-
GALICIA
Compositor e pianista, curmán de Marcial del Adalid. Formado en Londres con I. Moscheles, viaxou por Europa e estableceu amizade con Chopin, Liszt e Rossini. Das súas composicións destacan Seven Waltzes for the Piano Forte, Bagatela campestre e Tres bagatelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e retórico da arte. Formouse en Barcelona, onde participou na decoración do Palau da Generalitat. Como pintor ao óleo e debuxante tendeu progresivamente ao esencialismo, e acusou unha influencia futurista. Residiu en Nova York (1920-1922) e en París (1926-1932), desde onde realizou unha salientable tarefa de aglutinador de artistas de vangarda organizando a exhibición da obra de pintores rexeitados polo Salon d´Automne (1926) e do grupo abstracto Cercle et Carré. Formou parte tamén do grupo Abstraction-Création. En Madrid (1932-1934), impulsou a formación do Grupo de Arte Construtivo. En París a súa pintura desprendeuse do primitivismo e dun esquematismo de raíz cubista para combinar as formas xeométricas coas alusións á realidade virtual, concepto plástico que chamou construtivismo ou universalismo construtivo e que continuou aplicando ata o remate da súa vida. De novo en Montevideo, difundiu os principios teóricos da súa última modalidade pitórica. Escribiu Historia de mi vida...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Flandres, no departamento do Nord, Francia, situada na fronteira belga (93.540 h [1999]). Forma parte da conurbación de Lille.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (98-117). Membro dunha familia pertencente á orde senatorial, foi xeneral de profesión. Adoptado por Nerva (96), sucedeuno á súa morte. Adoptou unha política belixerante e guerreou contra os dacios (101-107) e os partos (113-117). Fixo frecuentes esforzos por asegurar as fronteiras do Imperio, o que ampliou coas cinco novas provincias de Dacia, Arabia, Mesopotamia, Asiria e Armenia. Foi un grande administrador e procurou sanear as finanzas e a xustiza, organizar a asistencia social, aumentar o número de provincianos no Senado e de cabaleiros na administración e fomentar a agricultura e o comercio coas provincias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista romano. Cónsul sufecto (56?) e autor do senadoconsulto trebeliano, ordenou facer o censo da Galia (61). Legado en Britania, foi reclamado a causa da súa cobiza, feito que o desamigou co exército (69).
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo do litoral mediterráneo situado na costa de Marrocos, fronte ao illote de Alborán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Víctor F. Freixanes publicada en 1982 e gañadora do Premio Blanco Amor, o Premio da Crítica e o Premio de la Crítica Española. Trátase dunha obra de grande extensión, entre novela de aventuras e crónica histórica, provista dunha gran riqueza léxica e unha prosa moi elaborada. Ambientada nas cidades imaxinarias de Santiago e Vilanova de Alba, ao longo da obra reflíctese o continuo enfrontamento de elementos diversos, a terra e o mar, o poder e a loita pola liberdade, o ben e o mal ou a razón e os soños.
-
-
Capitán dunha trirreme.
-
Cidadán encargado de equipar, ás súas expensas, unha trirreme.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dividirse en tres ramas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección cutánea de natureza tuberculosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado proteínico que se obtén a partir de cultivos filtrados de Mycobacterium tuberculosis. A de máis utilidade é a PPD (derivado proteínico purificado), que se emprega no diagnóstico de infeccións tuberculosas ao detectar a sensibilización fronte ao microorganismo que a produce.
-
-
Formación dun ou máis tubérculos.
-
Infección que provoca o bacilo da tuberculose.
-
Tratamento ou diagnose dunha enfermidade con tuberculina.
-
-
-
Causar a tuberculización dun órgano.
-
Efectuar unha tuberculización.
-
-
-
-
Órgano caulinar subterráneo engrosado e rico en substancias de reserva.
-
Prominencia arredondada da superficie dun órgano.
-
-
Eminencia ou protuberancia dun órgano, especialmente dun óso.
-
Lesión característica da tuberculose que está constituída pola reunión de diversos folículos tuberculosos.
-
-
-
Neoformación producida polo bacilo tuberculoso.
-
Tumoración que está formada pola conglomeración de tubérculos.
-
Absceso tuberculoso.
-
-
-
Enfermidade infecciosa causada polas bacterias do xénero Mycobacterium, principalmente pola especie M. tuberculosis, que se caracteriza por unha reacción inflamatoria a partir da que se forman os tubérculos. É unha enfermidade que primariamente afecta aos pulmóns pero que pode estenderse a calquera órgano do corpo humano, sobre todo ao cerebro, os riles, os ósos e as articulacións. Transmítese de persoa a persoa principalmente por vía aerea. Nun principio prodúcese unha infección que pode permanecer latente en equilibrio co sistema inmunolóxico do hospedeiro durante anos. Se este equilibrio se rompe desenvolverase a enfermidade como tal, en forma de tuberculose primaria ocasionalmente asintomática, ou posprimaria ou secundaria ou clínica característica. O seu tratamento lévase a cabo con antibióticos e quimioterápicos como a rifampicina, a isoniacida , a pirazidamida e o etambutol.
-
granulia.
-
Forma de tuberculose máis frecuente, que se caracteriza pola aparición, nos vértices en primeiro lugar, e logo no resto do pulmón, dunha infiltración de tubérculos con condensación do tecido pulmonar e formación de escavacións ou cavernas. Os seus síntomas xerais son: febre, perda do apetito, enfraquecemento, suores e caquexia progresiva.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao tubérculo.
-
-
Relativo ou pertencente á tuberculose.
-
Que ou quen padece tuberculose.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao medicamento que inhibe o desenvolvemento da bacteria responsable da tuberculose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corporación rexional de Trinidad e Tobago, na illa Trinidad (170.767 h [2000]).