Torres García, Joaquín

Torres García, Joaquín

Pintor e retórico da arte. Formouse en Barcelona, onde participou na decoración do Palau da Generalitat. Como pintor ao óleo e debuxante tendeu progresivamente ao esencialismo, e acusou unha influencia futurista. Residiu en Nova York (1920-1922) e en París (1926-1932), desde onde realizou unha salientable tarefa de aglutinador de artistas de vangarda organizando a exhibición da obra de pintores rexeitados polo Salon d´Automne (1926) e do grupo abstracto Cercle et Carré. Formou parte tamén do grupo Abstraction-Création. En Madrid (1932-1934), impulsou a formación do Grupo de Arte Construtivo. En París a súa pintura desprendeuse do primitivismo e dun esquematismo de raíz cubista para combinar as formas xeométricas coas alusións á realidade virtual, concepto plástico que chamou construtivismo ou universalismo construtivo e que continuou aplicando ata o remate da súa vida. De novo en Montevideo, difundiu os principios teóricos da súa última modalidade pitórica. Escribiu Historia de mi vida (1939), Universalismo construtivo (1944) e La recuperación del objeto (1952).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Montevideo

  • Deceso