"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Representante da facción puritana do Partido Moderado, foi ministro de Estado (1854 e 1864) e presidiu o Consello de Ministros (1847). Colaborou na redacción do código penal de 1848 e defendeu a propiedade eclesiástica en contra da desamortización. Escribiu Estudios de legislación y jurisprudencia (1834), Discurso sobre la dotación del culto y el clero, Historia de las Cortes de 1837 (1839) Estudios de Derecho Penal (1842-1843), El código penal concordado y comentado (1848) e Comentarios a las leyes de desvinculación (1849). Tamén publicou as pezas dramáticas Alfredo (1835) e Los infantes de Lara (1836).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección fotográfica recompilada na súa maior parte por Xaime de Sousa Guedes Pacheco entre 1915 e 1981. Os fondos deste arquivo recollen máis de 120.000 fotografías en que se reúnen os traballos de estudo feitos por Xaime Pacheco, reportaxes no exterior feitas polo sobriño de Pacheco, Horacio, ademais daquelas imaxes tomadas por Xaime Pacheco fillo, quen quedou á fronte do estudio, xunto co seu irmán Alberto, tras a morte do pai (1954). De especial valor sociolóxico para Vigo, o arquivo contén imaxes da arquitectura e rúas da cidade, escenas da vida política das distintas etapas, do traballo industrial de principios do s XX, da vida social da cidade a través das modas e dos costumes, dos deportes practicados en cada época, do desenvolvemento industrial da década de 1960 e da vida cotiá. En 1991 o concello de Vigo adquiriulle estes fondos á familia para a súa conservación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. As súas obras reflicten a vida da burguesía lisboeta do s XX coas fórmulas da narrativa realista do s XIX. Da súa produción destacan Patologia da Dignidade (1928), Ana Paula (1938), obra coa que iniciou o ciclo de cinco novelas Crónica da vida lisboeta, Peça em três actos (1944, Prémio Gil Vicente), O Navio dos Mortos e Outras Novelas (1952), Novelas pouco Exemplares (1967) e Memórias da Minha Vida e do Meu Tempo (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Formouse como pianista ás ordes de Ángel Brage en Santiago de Compostela e desde moi novo pasou a formar parte do grupo Os Tamara (1956-1975). Director do conservatorio do concello de Ribeira e da Coral Polifónica municipal da vila, foi profesor de música en escolas filiais do conservatorio de Santiago de Compostela, director da coral desta cidade e responsable máximo do coro Voces do Son. Publicou os discos La vida es una sola (2000) e Enrique Paisal, amigas y amigos (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Panca de ferro utilizada nas canteiras para mover, furar ou romper a pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liteira ou cadeira, propia de Extremo Oriente, que levan ás costas dous ou catro homes por medio duns paus horizontais.

    2. folgazán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das sapotáceas, que presentan as follas simples, flores hermafroditas e actinomorfas e froitos en baga, das que se extrae a gutapercha. Son orixinarias do Sueste Asiático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura da bóveda palatina como prolongación da fisura do labio leporino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. alado de madeira ou de estacas con que se rodea un terreo para protexelo do exterior.

    2. Terreo valado con madeira ou estacas en que se celebran espectáculos ou festexos de carácter público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade maia, do período clásico (600-900), situada no val do río Usumacinta, no estado mexicano de Chiapas. Está composta por numerosos templos pirámide (do Sol, da Cruz, da Cruz Foliada, das Inscricións), un gran palacio cunha torre para observacións astronómicas, un xogo de pelota ou un acueduto. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Guntimil (Xinzo de Limia). O seu cumio acada os 812 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Sousa Holstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador de publicacións como Serra d’Or e El Pont, destacan as suas obras poéticas Lotus (1972), L’aneguet lleig (1977) e El porxo de las mirades (1982, Premi Carles Riba). Como narrador publicou a triloxía El jardí dels set crepuscles (1989, Premi Joan Creixell, Premi Serra d’Or e Premio Nacional de la Crítica 1990), o libro de contos Contes per a vells adolescents (1998, Premi Víctor Català 1997), El Quincorn (1998, Premi Sant Jordi) e o libro de aforismos Els proverbis (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goberno de todos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prado natural, á beira dun río.

    2. Lugar onde abundan os panascos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. herba de san Paulo.

    2. herba dos dentes.

    3. 2 chufa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pantalón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na catedral de Santiago de Compostela, a carón do claustro e enfronte do Tesouro. Ata 1535 o panteón situouse na capela de Santa Catarina. Conserva a lousa sepulcral do bispo Teodomiro, descubridor da tumba do Apóstolo Santiago, e tumbas esculpidas nos ss XII e XIII, como a de Reimundo de Borgoña, Fernando II, Afonso VIII, Berenguela, Xoana de Castro, esposa de Pedro I o Cruel, e Pedro Froilaz, conde de Traba. A capela, obra de Juan de Álava, ten bóveda nervada e a súa porta é plateresca. Nun retablo neogótico consérvanse relicarios medievais e renacentistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte exterior do fondo dun buque, comprendida entre a quilla e os costados verticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota. Loitou contra os franceses cando a illa pasou aos seus dominios co Tratado de Versailles (1768), pero foi derrotado en Pontenuovo (1769) e fuxiu a Gran Bretaña. En 1790, a Francia revolucionaria fíxoo gobernador de Bastia e tentou (1793) recuperar a independencia corsa, pero fracasou e volveu exiliarse en Gran Bretaña (1795).

    VER O DETALLE DO TERMO