"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das comelináceas, coas follas simples, alternas, ovadas ou lanceoladas, verdes ou con coloracións brancas ou purpúreas, e flores xeralmente brancas. Son orixinarias de América do Sur, e moitas especies cultívanse para xardinaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina, oposta ao creacionismo, que considera que a alma é transmitida de pais a fillos mediante a xeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que trafica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta arbustiva, da familia das papilionáceas, con follas pinnaticompostas, flores axilares e froitos en legume. Atópase en Armenia e en Kurdistán.

    2. Goma que se extrae do tronco do tragacanto e doutras especies conxéneres que se emprega na industria farmacéutica (para facer pastillas e como emulsionante), na industria alimentaria (como emulsionante e como espesante), na industria téxtil (para tinguiduras e cores de estampación), nos curtidos (para o acabado do coiro) e como adhesivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento que sopra do N e que adoita ser moi frío e forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua literaria inventada por Xan da Coba Gómez no que escribiu La trampitana (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Monxa. Profesou nun mosteiro no lugar de San Martiño en San Xoán de Poio onde foi cativada polos musulmáns en tempos de ‘Abd al-Ra ḥ mān II. Torturada, foi encarcerada e ao cabo de 11 anos, ao recordar a festa de san Xoán, dous anxos librárona da cadea e levárona ata Poio. Represéntase como unha monxa, con hábito negro, co libro da Regra na man e cunha palmeira á dereita. Antigamente a súa festividade celebrábase o 14 de novembro pero pasou ao 25 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Cordilleira de Mallorca, a máis importante das Illes Balears. De orientación SO-NL, os materiais, en boa parte calcarios do fondo do xeosinclinal, emerxeron en forma de arquipélago durante o Eoceno Superior, pero o seu paroxismo tectónico é posterior e coincide co dobramento alpino. A costa é alta e rectilínea, con pequenas calas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xiangkhoang.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘máis alá de’, ‘a través de’ ou ‘cambio’.

    2. Forma prefixada que denota que certos átomos ou grupos dun isómero xeométrico se atopan en lados opostos dun plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barra de ferro ou madeira que se emprega para asegurar por dentro unha porta ou unha ventá.

    2. Estadullo que se coloca horizontalmente sobre os dous dianteiros dun carro cando hai moita carga.

    3. Pau que se coloca no pescozo dos animais para que non fuxan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte baixa da porta de dúas follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de pezas de madeira, de pranchas de aceiro ou de ángulos que, de proa a popa e polas dúas bandas, unen os bordos dos vaos coas cadernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá ou recibe cunha tranca.

    2. Golpe forte que se dá ou recibe, mesmo por efecto dunha caída.

    3. Catarro ou gripe moi forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado crítico ou situación decisiva pola que pasa alguén.

    2. Estado en que os sentidos suspenden as súas funcións.

    3. Condición ou estado psicofisiolóxico especial, típico dos médiums e doutras persoas durante as sesións de espiritismo. Moi semellante ao estado hipnótico e ao somnambulismo, adoita implicar unha notable disociación da personalidade.

      1. Paso da vida á morte.

      2. Estado en que a alma se sente en unión física con Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño clupeiforme de ata 15 cm de longo co corpo moderadamente alongado e comprimido lateralmente, opérculo liso sen estrías e cunha liña lonxitudinal de 47-50 escamas. Amosa unha aleta dorsal situada un pouco despois do medio do corpo, característica que o distingue dunha especie moi semellante, a sardiña. A coloroción é azulada no dorso e prateada nos flancos e ventre. É unha especie gregaria e peláxica que aparece nos fondos menores de 200 m de profundidade e aliméntase de zooplancton.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea que, cosido sobre outro, serve para tapar un buraco.

    2. Anaco de madeira curto e groso.

    3. Anaco grande dun alimento.

    VER O DETALLE DO TERMO