Tradescantia
Tradescantia
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das comelináceas, coas follas simples, alternas, ovadas ou lanceoladas, verdes ou con coloracións brancas ou purpúreas, e flores xeralmente brancas. Son orixinarias de América do Sur, e moitas especies cultívanse para xardinaría.