trade

trade

(< lat tardío tarātru)

  1. s m

    Ferramenta que consta dunha barra delgada de ferro ou aceiro cun extremo en espiral que se emprega para facer furados.

    Sinónimos: trado.
  2. s m

    Ferramenta eléctrica cunha broca de aceiro que se emprega para facer furados.

    Sinónimos: trado.
  3. s m [MED]

    Aparato que se emprega para facer orificios en partes duras como ósos ou dentes.

    Sinónimos: trado.