tradición
(< lat traditĭōne)
-
s
f
-
Conxunto de feitos históricos, coñecementos, valores, crenzas, prácticas ou costumes que se transmiten de xeración en xeración.
-
Transmisión deses costumes.
-
[DER]
Transmisión do dominio dunha cousa en virtude dun contrato. Pode ser efectiva ou simbólica, segundo se efectúe a entrega directa da cousa ou só algún elemento que permita o seu dominio. É consensual cando se realiza por consentimento e documental cando se efectúa mediante a entrega dos documentos ou títulos representativos da cousa.
-
-
s
f
Feito de que algo forme parte do conxunto de costumes e usos que se transmiten de xeración en xeración.
-
s
f
[RELIX]
Fonte da doutrina revelada xunto coa Biblia. Trátase de todo o que os apóstolos transmitiron oralmente do que aprenderan de Xesús Cristo e do que o Espírito Santo lles revelou. Negada polos reformadores do s XVI, o Concilio de Trento proclamou que a revelación se contiña na tradición e nas Sagradas Escrituras. O Concilio Vaticano II afirmou isto na constitución dogmática sobre a revelación.