"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1390-1406), fillo e sucesor de Roberto II de Escocia. Conde de Carrick, cambiou o seu nome (Xoán) ao acceder á coroa. O seu reinado estivo presidido polas loitas entre o seu irmán Roberto, conde de Fife e duque de Albany, e o seu fillo, o príncipe herdeiro David, duque de Rothesay.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Montaña dos Alpes Graios, situada ao O de Turín. Acada unha altitude de 3.538 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado no val inferior do río Tinto (6.229 h [2001]). É un municipio vinícola, onde teñen especial sona os seus viños brancos de mesa. Destaca a ermida do Socorro, de estilo neoclásico.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Comunidad Autónoma de Andalucía (4.212 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Taekwondista. Bolseira do Consejo Superior de Deportes dentro do plan ADO no Centro de Alto Rendimiento de Deportistas en Sant Cugat del Vallès, gañou a medalla de ouro no campionato de Europa junior (Chipre, 1999), a de bronce no campionato do Mundo junior (Irlanda, 2000), a de prata na Copa do Mundo absoluta (Vietnam, 2001), a de ouro no campionato de Europa por equipos (Madrid, 2002), a de ouro no campionato de España (2003) e a de prata no campionato de España (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político paraguaio. Latinista, avogado de ideas liberais e deputado (1809), uniuse aos independentistas de Paraguay. Desprazou o resto de dirixentes ata proclamarse cónsul (1811-1816) e ditador vitalicio (1816-1840). Estableceu un réxime nacionalista que afirmou a independencia de Paraguay fronte a España, Brasil e Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cabaleiro. Deu nome, xunto coa ponte sobre o Eume, ao concello das Pontes de García Rodríguez, despois de que Enrique II de Castela lle concedera, en 1376, o señorío do concello, no que construíu un castelo xa desaparecido. Posteriormente recibiu tamén o señorío de Santa Cruz e San Xurxo de Moeche.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Iniciou a súa andaina no mundo do teatro e participou, coa Escola Dramática Galega, en O folión, de M. Lourenzo; e coa Compañía Luís Seoane en A casa das tres lúas (1981), de R. Otero Pedrayo, e A noite dourada de Mimi da Cora (1982), de M. Lourenzo. Neses anos decidiu marchar a Barcelona, onde perfeccionou a súa formación como actor, e logo a Madrid, onde alternou diversos traballos no cine, no teatro e na televisión. Colaborador-director de Héctor Carré nas súas curtametraxes A sorte cambia (1991) e Coitadiños (1992), protagonizou o filme Dáme lume (1993) e participou nas producións Un parell d’ous (1984), Mi hermano del alma (1994) e Hasta aquí hemos llegado! (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Coñecido como Lois Caeiro, dirixe o diario El Progreso de Lugo desde decembro de 2000. Doutorado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, da que é profesor colaborador no departamento de Empresa Informativa, iniciou o seu labor xornalístico en El Ideal Gallego como colaborador, correspondente e cronista político en Madrid nos anos da transición, e foi colaborador no suplemento cultural en Ya. Posteriormente, exerceu como cronista político en Galicia (1980-1982), labor que compatibilizou coa de correspondente de axencias e medios de comunicación como ABC. Foi responsable da posta en marcha dos informativos da TVG e director xeral da CRTVG (1986-1987). Primeiro director (1987-1988) de Atlántico Diario, foi tamén asesor de prensa da Delegación do Goberno en Galicia, da Confederación de Empresarios e da Xunta de Galicia, e dos gabinetes de Pescanova e Caixa Ourense. Membro do consello de administración...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Realizou estudos de maxisterio en Santiago de Compostela e comezou na docencia en 1890 na mesma cidade. En 1895 fundou a Revista de Ciencias Pedagógicas, baixo o patrocinio da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e, en 1908, trasladouse a Madrid, onde continuou a desenvolver a súa actividade profesional. Foi un dos impulsores do asociacionismo do maxisterio, destacando o seu labor na Asociación Provincial do Maxisterio da Coruña e como presidente da Asociación Nacional de Maestros a partir de 1914. Desde 1921 dirixiu a publicación La Escuela Moderna. É autor dunha extensa obra psicopedagóxica e didáctica, con libros de texto, compendios e tratados para o uso nas escolas primarias e nas escolas normais. Das súas obras destacan Monografías de Ciencias Pedagógicas (1896), Metodología didáctica general (1897), Preliminares de una teoría de la educación intelectual (1903), La Nueva pedagogía (1906), Bases psicofisiológicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Licenciado en Filoloxía Románica polas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela, é profesor na Universidade da Coruña, tradutor e colaborador en diversas publicacións, como La Voz de Galicia. É autor das antoloxías Invitación á narrativa (1983), onde ofrece unha visión da narrativa galega desde o s XIX ata a década de 1980; Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega (1986), en que recolle o proceso de renovación poética da década de 1970; Horizontes poéticos (2002), onde inclúe entrevistas e unha antoloxía de diversos poetas; e Poetas galegos do século XX (2004). Escribiu tamén o estudo monográfico A poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neuropsiquiatra. Estudou medicina na Universidad de Salamanca, especializándose en psiquiatría e neuroloxía. Foi médico residente no Hospital de Toén e profesor do Colexio Universitario de Ourense. Membro numerario da Sociedad Española de Historia Nacional e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, escribiu diversos artigos e publicou Los macizos montañosos orensanos e El Parque de San Lázaro (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Dotado dunha gran sensibilidade, publicou Huellas (1932), en que insire composicións modernistas e vangardistas, e De mar a mar. Poemas (1932-1933) (1934), con poemas seleccionados por Juan Ramón Jiménez. Deixou inéditas dúas obras, Ápices e Tierra, que se publicaron postumamente en Obras Poéticas (1970), acompañadas dos poemarios xa coñecidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Especialista en economía pesqueira galega, colaborou en diversas publicacións periódicas, como Chan, El Ideal Gallego, La Noche e La Voz de Galicia. É autor de Pseudopoesía a la Costa de la Muerte (1978), Xogos infantiles de Galicia (1979), a traxedia teatral O patriarca (1980), La pesca de bajura en Galicia (1981), a novela Barlovento (1992), dotada de trazos realistas e costumistas, A revolución tecnolóxica na industria salgadeira de Galicia (1991) e Una industria salazonera catalá en Galicia, origen, apogeo y ocaso: la familia Romaní (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor. Doutor en Medicina pola Universidad Complutense de Madrid, colaborou en diversas publicacións médicas e noutras publicacións. Escribiu Vivencias galaicas (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de rubescente.
-
GALICIA
Escritor. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Granada (1935), onde colaborou en diversas revistas e xornais, ademais de como actor. Dirixiu a compañía La Carreta e durante a Guerra Civil Española foi correspondente de guerra do diario Política. En 1937 trasladouse a València como agregado da cátedra de Literatura, en 1939 exiliouse en Francia e posteriormente trasladouse a Cuba, onde viviu ata 1943; na illa dirixiu a Academia de Artes Dramáticas e os diálogos de La que se murió de amor (1941). Instalouse en EE UU e foi profesor na University of Princenton. En Nova York coñeceu a L. Buñuel, con quen elaborou o guión La novia de los ojos deslumbrados -que dirixiu A. Simón en 1997 co título de A noiva de medianoite-, e foi contratado pola Warner Bross. En 1947 ingresou no departamento de español e portugués da University of California. Das súas obras detacan Tres en Uno. Auto sacramental a la antigua usanza (1940), Biobibliography and...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Ordenado presbítero en 1949, foi bispo de San Cristóbal de las Casas (Chiapas) entre 1959 e 2000. Defensor dos pobos indíxenas, dos pobres e marxinados, actuou como mediador entre os zapatistas e o goberno mexicano (1994). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Internacional Simón Bolívar (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Considerado o derradeiro escritor lírico da Roma imperial, é autor do poema en dísticos elexíacos De reditu suo, onde fai unha exaltación de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. De ideas conservadoras, foi presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1915-1917), redactor do Diario de Pontevedra e decano do Colexio de Avogados. Escribiu Notas para reformar las leyes provincial, municipal y del sufragio (1899) e Notas para los senadores y diputados de la región gallega (1918).
VER O DETALLE DO TERMO