Rubia Barcia, Xosé
Escritor. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Granada (1935), onde colaborou en diversas revistas e xornais, ademais de como actor. Dirixiu a compañía La Carreta e durante a Guerra Civil Española foi correspondente de guerra do diario Política. En 1937 trasladouse a València como agregado da cátedra de Literatura, en 1939 exiliouse en Francia e posteriormente trasladouse a Cuba, onde viviu ata 1943; na illa dirixiu a Academia de Artes Dramáticas e os diálogos de La que se murió de amor (1941). Instalouse en EE UU e foi profesor na University of Princenton. En Nova York coñeceu a L. Buñuel, con quen elaborou o guión La novia de los ojos deslumbrados -que dirixiu A. Simón en 1997 co título de A noiva de medianoite-, e foi contratado pola Warner Bross. En 1947 ingresou no departamento de español e portugués da University of California. Das súas obras detacan Tres en Uno. Auto sacramental a la antigua usanza (1940), Biobibliography and iconography of Valle Inclán: 1866-1936 (1960) Umbral de Sueños (1961), en que inclúe composicións súas da década de 1950 en galego e castelán; The esperpento: A new novelistic dimension (1969), Prosas de razón y hiel: desde el exilio, desmitificando al franquismo y ensoñando una España mejor (1976), A aza enraizada. Cantigas de bendizer (1981), en que emprega algúns recursos propios da lírica medieval; Memoria de España (1989), Con Luis Buñuel en Hollywood y después (1992) e Memoria de España II (1992). Foi correspondente da Real Academia Galega.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ferrol -
Deceso
Lugar : EE UU